"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

Antía


Nacín hai 23 anos, en Imo, unha aldea do concello de Dodro, e polas miñas veas corre sangue rianxeira.
Os estudos obrigatorios realiceinos no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro e o Bacharelato no IES Macías o Namorado de Padrón.
Son Técnico Superior en Educación Infantil, Fotógrafa e actualmente estudante de Realización de Proxectos Audiovisuais.
Namorada dos nenos e da fotografía, o que me fai ter o corazón dividido.
Son a persoa máis tímida do mundo, pero cariñosa de máis cos amigos.
Amo ós meus. Gústame querelos e axudalos.
Non me gusta que se burlen da xente, nin que o fagan de min.
Experta en perder o tempo. E en ajobiarme. E en pensar. Penso tanto que ás veces faime dano.
Encántame calquera cousa relacionada cos Beatles.
Gústame a música, descubrir grupos e namorarme deles.
Adicta ás listas. Úsoas para todo.
Namorada da poesía.
Algún día gustaríame escribir un libro.
Conquistarédesme con un vaso de nestea ou cocacola, doritos ou dentes de gominola e un libro (de poesía) debaixo do brazo.


Cando non podo estar con quen amo, intento amar a quen está comigo