"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

Poesía

Sempre me gustou ler, deboraba (e deboro) libros, dende pequena. Ata inventaba pequenos contos.
Pero nunca me gustou a poesía.
Nunca lera poesía.
Non me gustaba facer poesía, contar sílabas, rimar palabras...
(non coñecía o verso libre, claro)

Pero foi aquel 3º da ESO do 2009, cando o profesor de galego (Carlos Negro, tamén poeta) nos iniciou a min e ós meus compañeiros de clase neste mundo. Mandou ler unha antoloxía de poemas en galego, dende Rosalía de Castro ata a actualidade; "Poetízate"de Fran Alonso.
Foi a partires de aí cando grazas á gran cantidade de títulos ós que tiña acceso na biblioteca do colexio comecei a interesarme pola poesía.

Ó ano seguinte animeime a facer uns poemas para o concurso que se fai todos os anos no colexio polas Letras Galegas, e sen querelo, resultei gañadora.

Uns días despois entereime de había un concurso de poesía en Cangas e decidín presentarme, por provar sorte, máis que nada.
Estando na excursión de fin de curso de 4º, recibín a chamada de meu pai, dicíndome, todo orgulloso que gañara o primeiro premio no Certame María Soliño, de Cangas.
Desta vez si que non o cría.

A partires de aquí comecei a escribir e a escribir.
Gardo todos os meus poemas con un especial anhelo, xa que cada un deles está relacionado con unha persoa, unha experiencia, unha canción...

Pese a que escribo maioritariamente poesía, hai veces nas que a miña cabeza comeza a voar e non crea versos, se non que crea prosa. Eso pasa pouco, pero pasa.
Cada vez leo máis poesía, pero sen esquecerme nunca da novela.


Actualmente, teño un blog dedicado expresamente ós mues poemas. Podes visitalo aquí:



Os autores que máis me influen:

En galego:
Rosalía de Castro.
Álvaro Cunqueiro.
Xosé Luís Mendez Ferrín.
Celso Emilio Ferreiro.
Lois Pereiro. 
Lupe Gómez.
Antía Otero.
Xiana Arias.
Samuel L. París.
María do Cebreiro.
Kiko Neves.
Antón Lopo.


En Castelán:
Pablo Neruda.
Gustavo Adolfo Bécker.
Antonio Machado.
Rafael Alberti.
Rafael García Lorca.
Ángel González.
Carlos Edmundo de Ory.
Nicanor Parra.