"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

Fotografía

Descubrín a fotografía no 2009, experimentando con unha cámara compacta (unha BenQ), sen resultados moi vistosos, salvo algunhas excepcións.
No verán do 2011, meu pai cedeume a súa analóxica, con cerca de vinte anos; unha Pentax p30n con dous obxetivos. Ó pouco tempo sorprendeume cunha Nikon D3000, tamén con dous obxetivos (AF-S DX Nikkor 18-55mm e 55-200mm). O meu equipo complétase coa miña adquisición máis recente, un AF-S Nikkor 35mm 1:1.8G, que é maravilloso para fotos en baixas condicións lumínicas.
Despois de moito traballar e aforrar, puiden facerme con un corpo de cámara novo, máis profesional e completo que a xa antiga D3000 (que comezaba a quedarme escasa en certos aspectos); unha Nikon D750. Para acompañala, o tan desexado por min: un Sigma 24-70mm f2.8.

A fotografía de concertos é a que máis me apasiona. Comezou con un concerto de Vetusta Morla; había que estrenar a cámara, e nun princio as fotos eran para min, como recordo; pero o resultado fixome sentir que o debía seguir intentando, algo así como un reto persoal.
Algún día gustaríame chegar a ser alguén neste tipo de fotografía, xa que une dúas das cousas que máis influen en min e que máis me apasionan: a música e a fotografía...
Ando á procura de grupos que veñen por aquí preto (e aprobeitando que algúns deles me gustan), para fotografialos e enviarlle  o traballo feito.

Os retratos tamén me gustan, sen buscalos, que xurdan expresión e emocións que os faga únicos. 
E como non, tamén me gusta fotografiar a natureza, as paisaxes. Intento aprobeitar viaxes para plasmar paisaxes diferentes, ou simplemente as diferentes posibilidades que pode chegar a dar un mesmo lugar. 

Odio os flashes. Onde estea a luz natural que se quite o resto.
Apasióname todo o que teña que ver coa fotografía; calquera temática, en calquera momento; dame igual a que ou a quen, gústame "plasmar o momento".

Quero ir aprendendo pouco a pouco e así mellorar a técnica (ainda que alguén me dixo que "a técnica hai que sabela para saltala").

Actualmente son estudante de Fotografía artística, polo que veredes algúns dos traballos da clase por aquí.

Ademáis do blog, utilizo tamén o Flickr para mostrarlle ó resto do mundo as miñas fotografías, coller ideas e aprender dos demáis.

Na miña páxina de Facebook pubicarei as novidades do blog e do Flickr.


foxyform