"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 8 de xullo de 2017

eternidade [27/52]

16 de maio, 2016
19:23:58
Interior.
Burés, Rianxo.




Non recordo moi ben por que non incluín estas fotografías na serie final, por que son dunha forza tremenda.
Pero como di Jean-Claude Lemagny, ás veces, hai que deixar "descansar" ás imaxes, para cando o fotoógrafo volva a elas, lles transmitan todos os sentimentos que sentiu no momento de sacalas...e iso é o que me está pasando a min...moitos sentimentos encontrados deses momentos que pasaba con elas, os venres á tarde, sacándolle fotos e, o máis importante: pasando tempo con elas. Tempo que agora só podo disfrutar con miña avoa, e que estou moi orgullosa de ter pasado coas dúas facendo o que máis me gusta e o regalo máis grande que lles puiden ter feito.

Por iso hoxe lle adico tamén a elas a palabra eternidade, por que como xa dixen moitas veces durante este making off, os avós e avoas deberían ser eternos.



eternidade
substantivo feminino
1.Calidade de eterno.
A eternidade do amor.
3. Dimensión fóra do tempo á que se accede despois da morte.
Prepararse neste mundo para a eternidade.
(Diccionario da Real Academia Galega)




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

Ningún comentario:

Publicar un comentario