"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 15 de xullo de 2017

compañía [28/52]

27 de maio, 2016
20:15:10
Interior.
Burés, Rianxo.



compañía
substantivo feminino
1. Acción e efecto de acompañar.
Está en boa compañía.
2. Circunstancia de estar ou de ir acompañado.
Sempre sae só, sen compañía.
(Diccionario da Real Academia Galega)



Sempre falo da soidade de miña bisavoa, deses momentos nos que se desesperaba ó non localizar á súa filla, ou desa soidade que sentía ó ser a única persoa maior da casa que vía o mundo cos ollos que naceron en 1917.
Pero en realidade non estaba soa. En reaidade acompañábanse unha á outra.
Vían a tele (aínda que á bisavoa era cousa que non lle gustaba nada, pero a miña avoa si, asíque tiñan que adaptarse unha á outra). Pasapalabra, o Sálvame, Supervivientes, Gran Hermano...son as cousas que entreteñen a miña avoa e lle fan e facían ter a mente despexada, pero a bisavoa odiava todas esas cousas, non lle gustaba nada ver a xente berrar e moito menos cando saían da caixa de luz que tanto detestaba.






© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

Ningún comentario:

Publicar un comentario