"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

martes, 18 de xullo de 2017

you are my muse

Cando teño unha idea sempre está ela para solucionarma e para facer de modelo.

Levo vendo eses troncos dende hai unhas semanas, e o outro día, pois decidímonos a parar alí, e saiu isto.











Non hai moito máis que demostrar para darse conta de que é a miña musa.


I can't find the words to say
when I'm confused
I travel half the world to say
"you are my muse"
(Muse)







© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 15 de xullo de 2017

compañía [28/52]

27 de maio, 2016
20:15:10
Interior.
Burés, Rianxo.



compañía
substantivo feminino
1. Acción e efecto de acompañar.
Está en boa compañía.
2. Circunstancia de estar ou de ir acompañado.
Sempre sae só, sen compañía.
(Diccionario da Real Academia Galega)



Sempre falo da soidade de miña bisavoa, deses momentos nos que se desesperaba ó non localizar á súa filla, ou desa soidade que sentía ó ser a única persoa maior da casa que vía o mundo cos ollos que naceron en 1917.
Pero en realidade non estaba soa. En reaidade acompañábanse unha á outra.
Vían a tele (aínda que á bisavoa era cousa que non lle gustaba nada, pero a miña avoa si, asíque tiñan que adaptarse unha á outra). Pasapalabra, o Sálvame, Supervivientes, Gran Hermano...son as cousas que entreteñen a miña avoa e lle fan e facían ter a mente despexada, pero a bisavoa odiava todas esas cousas, non lle gustaba nada ver a xente berrar e moito menos cando saían da caixa de luz que tanto detestaba.






© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 8 de xullo de 2017

eternidade [27/52]

16 de maio, 2016
19:23:58
Interior.
Burés, Rianxo.




Non recordo moi ben por que non incluín estas fotografías na serie final, por que son dunha forza tremenda.
Pero como di Jean-Claude Lemagny, ás veces, hai que deixar "descansar" ás imaxes, para cando o fotoógrafo volva a elas, lles transmitan todos os sentimentos que sentiu no momento de sacalas...e iso é o que me está pasando a min...moitos sentimentos encontrados deses momentos que pasaba con elas, os venres á tarde, sacándolle fotos e, o máis importante: pasando tempo con elas. Tempo que agora só podo disfrutar con miña avoa, e que estou moi orgullosa de ter pasado coas dúas facendo o que máis me gusta e o regalo máis grande que lles puiden ter feito.

Por iso hoxe lle adico tamén a elas a palabra eternidade, por que como xa dixen moitas veces durante este making off, os avós e avoas deberían ser eternos.



eternidade
substantivo feminino
1.Calidade de eterno.
A eternidade do amor.
3. Dimensión fóra do tempo á que se accede despois da morte.
Prepararse neste mundo para a eternidade.
(Diccionario da Real Academia Galega)




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 1 de xullo de 2017

soidade [26/52]

16 de maio, 2016
19:22:24
Interior.
Burés, Rianxo.



soidade
substantivo feminino
1. Circunstancia de estar só.
Sempre que podo, evito a soidade.
(Diccionario da Real Academia Galega)



Esta foto tamén pertence á parte da espera.
Cando miña bisavoa non sabía onde estaba a súa filla abría a ventá, e como xeralmente non a atopaba na parte de diante da casa, saía a fóra e dáballe voltas á casa, o cuberto a todo, ata que a atopaba. como xa ben dixen moitas veces, non podían separarse nin 5 minutos, para miña bisavoa iso era a eternidade, sentíase soa.




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.