"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 10 de xuño de 2017

leña [23/52]

8 de maio, 2016
9:22:03
Interior.
Burés, Rianxo.



A cociña de ferro é algo identificativo da casa de miñas avoas. Para min sempre foi chamativa, xa que na miña casa non hai. E sempre fixen experimentos nela...dende poñer pezas dun carrito enrriba e derretirense (e escoitar unha das broncas máis grandes da miña vida a raís deso) ata probar que pasaba se lle poñía a meu irmán unha casca de noz a cara despois de estar un cacho enrriba da cociña encendiada (outra boa bronca).
A miña avoa dálle moito traballo, cando non tira ben énche a cociña de fume, e acarrexar leña dende o cuberto é pesado, pero a calor que dá é inigualable, recoñecible.




leña
substantivo feminino
Conxunto de pólas, toros de árbores cortados en rachas ou madeira de calquera clase que se utiliza para facer lume.
Hai que ir por leña ao monte.
(Diccionario da Real Academia Galega).




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

Ningún comentario:

Publicar un comentario