"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 24 de xuño de 2017

exposición [25/52]

22 de abril, 2016
20:28:40
Exterior.
Burés, Rianxo.


Esta foto é moi especial por moitas cousas pero especialmente por que formou parte da miña primeira exposición fotográfica que tivo lugar no bar A Casa do Patín en Padrón.
Esta foto transmíteme moita forza, a forza que teñen e transmiten as xentes maiores tanto da Galiza como do resto de España e do mundo.
Esa forzaa tívoa miña bisavoa ata o seu derradeiro suspiro, por iso esta foro é tan importante para min.



exposición
substantivo feminino
1. Presentación pública de diversos obxectos. Unha exposición de maquinaria agrícola.
Unha exposición de obras de arte.
(Diccionario da Real Academia Galega)




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 17 de xuño de 2017

espera [24/52]

22 de abril, 2016
20:13:59
Interior.
Burés, Rianxo.


É a parte do proxecto que, persoalmente, máis me gusta. Que máis transmite.
Transmite o paso do tempo, esa espera pola súa filla, que faltando 5 minutos xa se sentía soa.
Onde se ve unha vida vivida duramente.
Unha espera sen ningún obectivo, salvo o punto e final.
E atopou ese punto e final con 99 anos recén estreados.



espera
substantivo feminino
1. Acto de esperar e tempo durante o cal se espera.
A longa espera acaboulle coa paciencia.
(Diccionario da Real Academia Galega)




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 10 de xuño de 2017

leña [23/52]

8 de maio, 2016
9:22:03
Interior.
Burés, Rianxo.



A cociña de ferro é algo identificativo da casa de miñas avoas. Para min sempre foi chamativa, xa que na miña casa non hai. E sempre fixen experimentos nela...dende poñer pezas dun carrito enrriba e derretirense (e escoitar unha das broncas máis grandes da miña vida a raís deso) ata probar que pasaba se lle poñía a meu irmán unha casca de noz a cara despois de estar un cacho enrriba da cociña encendiada (outra boa bronca).
A miña avoa dálle moito traballo, cando non tira ben énche a cociña de fume, e acarrexar leña dende o cuberto é pesado, pero a calor que dá é inigualable, recoñecible.




leña
substantivo feminino
Conxunto de pólas, toros de árbores cortados en rachas ou madeira de calquera clase que se utiliza para facer lume.
Hai que ir por leña ao monte.
(Diccionario da Real Academia Galega).




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

venres, 2 de xuño de 2017

ADMIRACIÓN [22/52]

27 de maio, 2017
18:46:20
Interior.
Burés, Rianxo.




admirar
verbo transitivo
1. Contemplar con admiración, sentir admiración por [algo ou alguén].
Admiro a súa intelixencia. Admirámolo profundamente.
2. Producir admiración. Admírame tanta tranquilidade.
Non deixas de admirarme coa túa coraxe.
(Diccionario da Real Academia Galega)