"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 27 de maio de 2017

super-PODER [21/52]

6 de maio, 2016
18:51:50
Exterior.
Burés, Rianxo.


Unha vez cos chancos postos, xa está disposta a todo.
É como se tiveran superpoderes. Con eles (e sen eles tamén) era capaz de calquera cousa: ir meter as galiñas, botarlle de comer ós porcos, sulfatar, tender a roupa, poñer o muíño a moer, trafegar o viño...
A ver se vai ser que as avoas son un pouco HEROINAS...que inventan contos para cada noite, que che obrigan a rezar antes de durmir, que che tapa hasta as orellas, que che di "escoitame cas orellas", que ía muxir a vaca e me gardaba a tona sempre, que che berran ó debullar porque non sabes, que che deixan entrar na corte par xogar coas cabuxas, que pasa sen comer os ovos de dúas xemas para drchos a ti, que fan os mellores bolicos do mundo, que fan todas as comidas ricas do mundo, que se me presta para todos os traballos de clase que impliquen ADMIRALA.
Avoas que forman parte da vida, que van no corazón, na pel, e na vida.
Avoas que terían que ser para sempre.



SUPERpoder
verbo transitivo
3. Ter a forza física ou psíquica para [facer algo].
Non creo que o poidas levantar ti só.




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 20 de maio de 2017

chancos [20/52]

6 de maio, 2016
18:51:12
Exterior.
Burés, Rianxo.



Son unha das prendas identificativas de miña avoa dende que teño uso de razón, e flipei ó ver que esa palabra existía. Pensei que era invención de miña avoa. De pequena pensaba que era todo invención dela, sobre todo cando me contaba o "cuento de la buena pipa" que cada día cambiaba de argumento e de forma.

Os chancos son a prenda indispensable que miña avoa utiliza para ir á horta ou cerrarlle ás galiñas ou dar o sulfato, da igual que estea recén chegada da misa, ou preparada para a acción.



chanco
substantivo masculino
1. Calzado de goma que se pon por riba das zapatillas para andar por un sitio mollado ou húmido.
Pon os chancos para ir á corte.
(Diccionario da Real Academia galega)



© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 13 de maio de 2017

sulfato [19/52]

16 de maio, 2016
19:40:01
Exterior.
Burés, Rianxo.



sulfato
substantivo masculino
2. Substancia química que se emprega diluída en auga para combater determinadas enfermidades e pragas das plantas.
Dan o sulfato cunha máquina de motor.
(Diccionario da Real Academia Galega)


sábado, 6 de maio de 2017

millo [18/52]

28 de maio, 2016
20:43:26
Interior.
Burés, Rianxo.


Moer o millo.
Unha das numerosas tarefas que fai miña avoa e que tanto me chamaban á atención de pequena (omo debullar, que nunca me deixaban por que desperdiciaba demasiado millo) e tamén agora.



millo
substantivo masculino
1. Planta da familia das gramíneas orixinaria de América que pode chegar aos catro metros de altura, follas longas e lanceoladas e flores masculinas e femininas no mesmo pé, que produce unhas mazarocas de grans grosos de cor amarela.
A leira xa está lista para sementar o millo.
(Diccionario da Real Academia Galega)




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.