"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 29 de abril de 2017

traballadora [17/52]

22 de abril, 2016
20:08:05
Interior.
Burés, Rianxo.



E esta é a palabra que define a miña avoa.

traballadora
adxectivo
1, Que traballa moito.
Un rapaz traballador coma poucos.
(Diccionario da Real Academia Galega)


Como xa dixen anteriormente, ela adicábase ó coidado da súa nai, pero tamén a todo o demáis. Non para quieta, e non lle sirve que ninguén faga as cousas por ela. E por un lado fai ben, sentirse útil é o mellor para caquera persoa; pero deixarse axudar tamén está ben, para descansar a cabeza de vez en cando.



© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 22 de abril de 2017

tempo [16/52]

6 de maio, 2016
17:11:14
Interior.
Burés, Rianxo.



tempo
substantivo masculino
4. Espazo temporal de longa duración.
Hai tempo que non o vexo. Aínda falta tempo para que veña.
(Diccionario da Real Academia Galega)


mércores, 19 de abril de 2017

they say it changes when the sun goes down

8 de abril, 2017
Praia os Cunchidos e Río Sieira, Porto do Son


Tiña mono de facer fotos.
A cámara estaba recén chegada do servizo técnico e tanto ela coma min vimos no primeiro día de vacacións de semana santa, a mellor escusa para saír a pasear.
Invitei a Sara, Carla e a Andrea. Non houbo moito que insistir, sei que se prestan.
Eu puxen coche e cámara, elas a localización e as gañas. E este é o resultado.

Hai máis máis fotos, pero saio eu, o cazador cazado, que irán ó facebook persoal.



sábado, 15 de abril de 2017

sesta [15/52]

24 de abril, 2016
15:12:02
Interior.
Burés, Rianxo.



sesta
substantivo feminino
1. Tempo destinado a durmir e descansar despois de xantar.
Durante a sesta é mellor non molestalo.
(Diccionario da Real Academia Galega)



sábado, 8 de abril de 2017

mandil [14/52]

8 de maio, 2016
10:10:41
Interior.
Burés, Rianxo.




Miña avoa era costureira. E ségueo sendo.
Ela facíalle os panos da cabeza a súa nai (os de a diario, que os de día de festa tiñan que ser de raso).
E tamén lle facía mandiles para non "lixarse" (como dicia ela) mentres comía.
E aquí mostro o momento antes de almorzar ou comer no que llo poñía. Tan tenras, tan sincronizadas.
Ás veces, ós domingos, tamén llo poñía eu, aínda que ninguén o facía tan ben como a súa filla, ela conformabase.



mandil
substantivo masculino
Peza de roupa que atada á cintura e ás veces tamén ao pescozo se pon sobre a outra roupa para non manchala por diante.
Os zapateiros levan mandís de coiro.
Se vas fregar, pon o mandil.
(Diccionario da Real Academia Galega)




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.



sábado, 1 de abril de 2017

xantar [13/52]

24 de abril, 2016
10:31:49
Interior.
Burés, Rianxo.




Despois do almorzo, miña avoa comezaba a facer o xantar para as "dose" como se dí na súa casa.
Era outro dos numerosos momentos que compartían as tres.
A bisavoa daba ordes dende a banqueta que segue na mesma esquina da cociña, na que últimamente se sentaba menos, debido á pouca altura desta, que lle facía máis complicado levantarse.
Esa mesma banqueta na que sempre a recordarei limpando patacas minúsculas e botándoas nun caldeiro de agua.

A miña tía gústalle probar cousas novas en canto á comida, pero á bisavoa non lle gustaba, e pese a todo, volvérase moi esquisita coa comida, e non podía ver diante nin o peixe nin as lentejas.
Ela daba ordes dende a banqueta, e maldecíanos ós novos dicindo que non sabíamos o que era pasar fame.
Canta razón tiña...


xantar
substantivo masculino
Comida do mediodía.
O día do patrón fixemos un bo xantar.
(Diccionario da Real Academia Galega)


© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.