"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 25 de marzo de 2017

neta [12/52]

24 de abril, 2016
10:36:08
Interior.
Burés, Rianxo.


A estas alturas, miña tía debería odiarme.
Entre a relación de miña avoa e miña bisaboa, tamén está ela. E acordeime tarde de introducila na serie, por que tamén era importante (e segueo sendo).
Compartían as tres moitos momentos, entre eles o do almorzo como aquí vedes. Xeralmente os fins de semana, debido ó traballo de miña tía, neta (coma meu pai e miña outra tía) de miña bisavoa.

neta
substantivo
Filla dunha filla dunha persoa.
Os netos véñeno ver a miúdo. Sabía que era a neta favorita do avó.
(Diccionario da Real Academia Galega)


Ser neto é algo moi forte, do que non somos conscientes durante moito tempo da nosa vida, e que moitas veces ninguén sabe como nos sentimos, pero en realidade, considero que os avós e as avoas son a unha das cousas máis importantes na vida das persoas. E eu tiven a sorte de criarme tamén con miña bisavoa, coa súa sabiduría, os seus ideais "anticuados", pero co corazón máis grande do mundo.

Están sendo tempos duros.
E hoxe non vou poder ensinarlle as feridas que fixen tocando muiñeira vella.
Pero as anteriores si que mas veu, e foise sabendo que "Hei de morrer cantando, xa que chorando nacin".


© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 18 de marzo de 2017

remedios [11/52]

17 de maio, 2016
11:24:36
Interior.
Burés, Rianxo.




remedio
substantivo masculino
2. Aquilo que se emprega para combater, curar ou aliviar unha enfermidade, unha dor ou un mal.
Na botica véndense diversos remedios.
CONFRONTAR - fármaco, medicamento, medicina, menciña
O leite quente con mel é un remedio para o catarro.
(Diccionario da Real Academia Galega)

sábado, 11 de marzo de 2017

contraluz [10/52]

24 de abril, 2016
10:36:08
Interior.
Burés, Rianxo.


contraluz
substantivo feminino
1. Efecto que produce a luz sobre un obxecto cando este está situado entre o punto de onde procede aquela e o observador.
As contraluces son os temas preferidos do artista.
(Diccionario da Real Academia Galega)

sábado, 4 de marzo de 2017

almorzo [9/52]

8 de maio, 2016
10:13:11
Interior.
Burés, Rianxo.



Despois de se prepararen as dúas, xa ían para a cociña, onde se desenvolvía a maior da súa actividade diaria.
Alí miña avoa preparaballe con todo o esmero do mundo o almorzo a súa nai. O zume de laranxa non faltaba nunca. As veces acompañado dunha macedonia de frutas, ou das papas que tanto lle gustaban a miña bisaboa.


almorzo
substantivo masculino
Primeira comida do día, que se fai polas mañás.
Tomamos o almorzo ás oito.
(Diccionario da Real Academia Galega)