"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 25 de febreiro de 2017

peitear [8/52]

24 de abril, 2016
10:26:42
Interior.
Burés, Rianxo.


peitear
verbo transitivo
1. Desenguedellar, alisar ou compoñer [o pelo] co peite.
Antes de deitarse, peitea o pelo.
(Diccionario da Real Academia Galega)



Unha das moitas cousas que facían xuntas. Un dos momentos que máis importancia lle dei en Aleitadoras, que coincidía tamén co momento preferido de Juan (o maravilloso tutor do proxecto).
Realmente era un momento de confesións, de berrarse unha á outra tamén. O tempo pasa, a vida cambia, e a visión dunha persoa de 99 e a de unha de 73 tamén varían.
Aínda así, era un momento íntimo e persoal do que me permitiron participar durante os 2 meses que pasei sacándolle fotos a todas horas, cousa que agradezo profundamente, xa que é unha das mellores cousas que puiden facer na miña vida.


Mentres actualizo isto (moitos meses despois da publicación) soa Keaton Henson.




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

xoves, 16 de febreiro de 2017

dependencia [7/52]

24 de abril, 2016
10:22:00
Interior.
Burés, Rianxo.



Aínda que cada vez miña bisavoa facía menos cousas soa, miña avoa intentaba que seguise sendo autónoma en algunhas cousas. E unha delas era lavarse a cara, algo tan doado como iso, facía que ela se sentise menos dependente.


dependencia
substantivo feminino
1. Relación que se establece entre unha persoa ou cousa a outra da que depende.
Creo que a súa dependencia dos demais é excesiva.
Buscan novas enerxías para reducir a dependencia do petróleo.
(Diccionario da Real Academia Galega)



Hai non tanto botáballe unha man a miña avoa coa comida, xeralmente limpando patacas pequeniñas para os estofados. Tiña un don para deixalas perfectas.



© Antía Vicente, 2017. 
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 11 de febreiro de 2017

coidar [6/52]

24 de abril, 2016
10:22:45
Interior.
Burés, Rianxo.



Aquí a luz percórreas ás dúas.
Este momento foi un dos momentos que máis fotografiei, e con diferencia. Cando miña avoa peiteaba a súa nai.
Considero que era un momento moi íntimo, delas dúas, que non podía faltar no proxecto. E quedáronse moitas fotos fermosas fóra, coma esta. A parte, a luz nese cuarto de baño é fermosa, sempre quedaban ben as fotos.


coidar
verbo intransitivo
3. Dedicar atención a [algo ou alguén], procurando que non lle suceda nada malo, que non lle falte o necesario etc.
Coidar os nenos en canto son pequenos.
(Diccionario da Real Academia Galega)

sábado, 4 de febreiro de 2017

eloxiando [5/52]

17 de maio, 2016
10:42:09 h.
Interior.
Burés, Rianxo.



Era o día das letras galegas.
Continuando a orde da serie final de Aleitadoras, a contiuación van vir unha secuencia de fotos referidas ó momento no que miña avoa ía espertar a súa nai e preparala como só ela o facía.



eloxiar
verbo transitivo
Dicir eloxios de [algo ou alguén].
Eloxiou o seu comportamento.
(Diccionario da Real Academia Galega)