"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 28 de xaneiro de 2017

miña avoa é luz [4/52]

6 de maio, 2016.
17:23:14 h.
Exterior.
Burés, Rianxo.




Esta foto é unha das que máis luz emana de todas as do making off.
Todas son escuras, sombrías, dándolle énfase a esas iluminacións tan especiais que se crean ás veces nas casas. Pero esta non, esta está enmarcada de branco, de luz.
Miña avoa estábase acicalando para ir á misa (máis seguro) aprobeitando que eu ía quedar coa bisavoa.
A ela cada vez gustáballe menos estar soa, e o que menos lle gustaba era estar separadada súa filla. Para a ela cinco minutos sen a súa filla, eran a eternidade; ninguén de nós eramos capaces de remprazar a compañía que miña avoa lle daba a súa nai.
E con razón.
Miña avoa é luz.


luz 
substantivo feminino
6. figurado. Persoa ou cousa que ilumina a mente ou o corazón, que ilustra ou guía.
Ti es a nosa luz.
O seu exemplo serviu de luz para moitas vidas.
A luz da razón.
(Diccionario da Real Academia Galega)

sábado, 21 de xaneiro de 2017

equipo [3/52]

24 de abril, 2016.
10:33:11 h.
Interior.
Burés, Rianxo.




Xuntas formaban un gran equipo.
E a súa tarefa primordial tarefa é (e era) a vida.

equipo
substantivo masculino
1. Grupo de persoas unidas para realizar unha tarefa en común.
Traballo en equipo.
(Diccionario da Real Academia Galega)





© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 14 de xaneiro de 2017

aleitar [2/52]

28 de maio, 2016.
20:45:51 h.
Interior.
Burés, Rianxo.



Na anterior fotografía oresentaba a miña bisaboa.
Hoxe presento á outra protagonista da historia: miña avoa, ambas por parte paterna.
Esa muller que recordo dende pequena coa enerxía que a día de hoxe a segue caracterizando. Esa muller que sempre que pode (e me deixo, porque van caros...aínda que con elas menos que co resto do mundo) me enche de bicos e me dí a retahíla de piropos da mesma maneira que cando era unha nena "Meu corasón de la tierra, miña inglesa, miña oura!".
Esa muller que loitou, que sofreu, pero pese a todo, está ahí para todos, para unirnos e sobre todo, para querernos.

Curiosamente estas dúas primeiras fotografías foron tomadas o mesmo día, xa non o recordaba. A esas alturas estaba a un mes de expoñer e tiña xa a gran parte da serie completada. A verdade e que non podo estar máis orgullosa deste proxecto.



aleitar
verbo transitivo
Darlle de mamar unha femia a [unha cría].
(Diccionario da Real Academia Galega). 




© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 7 de xaneiro de 2017

Making off: "Aleitadoras" [1/52]

“Aleitadoras” é un ensaio de autor sobre a convivencia de dúas persoas maiores mediante a cal pretendo dar a coñecer a relación e a convivencia dunha nai e a súa filla na vellez; como cambia a relación que todos temos asociada dunha nai cos seus fillos, que con esta idade, a nai dependía da filla no seu día a día, e non ó contrario. Neste ensaio de autor intimista, as protagonistas das fotografías son miña avoa e bisavoa. A través das fotografías dou a miña visión persoal delas, da súa convivencia e da súa relación, fixándome nos detalles e no entorno que as caracterizan. Dalgunha maneira, tamén se trata dunha pequena homenaxe a elas, sobre todo agora que se me foi unha delas. 

As fotos que irei mostrando durante estas 52 semanas trátanse daquelas que quedaron fóra da selección final de Aleitadoras, por eso decidín tratar esta serie como un “making off”.
Na publicación destas fotografías indicarei datos como a data e a hora da toma das imaxes, e o lugar onde foron tomadas.
As fotos publicareinas no blog, e quizais no flickr.