"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 8 de outubro de 2016

"Onde o mundo se chama Celanova"

O primeiro domingo de xullo, fomos meus pais, meu irmán e eu de excursión; cousa que facemos bastante a miúdo.

O noso primeiro destino foi Castro Laboreiro (en Melgaço, Portugal, moi preto da fronteira con Galiza), xa estiveramos hai uns anos e  esta vez, fixemos case o mesmo percorrido.

Continuamos avanzando pola Serra do Xurés e pasamos pola capela da Virxe da Sobreira (en Ferreiros de Arriba, no concello de Entrimo). E como non podía ser doutra maneira tamén puidemos gozar da fermosura de Santa María a Real de Entrimo, uha fermosa obra de estilo barroco churrigueresco.

Despois de moito tempo desexandoo, puiden ver cos meus ollos "la espléndida iglesita con espléndida espadana" que dicía a profe de historia da arte...Santa Comba de Bande! Que fermosura.

Continuando en Bande, pasamos por "Aquis Querquennis" o Campamento Militar Romano de "A Cidá".

E finalmente chegamos a Celanova. Dalle o nome á entrada porque recordei a obra de Celso Emilio nada máis ver o cartel do pobo. Foi a última parada do percorrido, pero non por iso a menos importante, xa que queríamos ver tamén outra gran obra de arte, San Miguel de Celanova, pero parecía todo moi pechado...ata que falamos con un señor (debía ser sancristán) que nos fixo unha visita privada ata este fermoso (e minúsculo) oratorio, que se atopa dentro do recinto do Mosteiro de San Salvador.

Foi un percorrido moi especial para min, por que pasamos polos mesmos lugares, 5 anos despois. Eu daquela estaba estrenando a miña D3000, e desta vez a viaxe foi coa D750.

Tamén me fixo moita ilusión poder estar tan preto de dúas obras de arte tan maravillosas como Santa Comba de Bande e San Miguel de Celanova (onde tamén tiven a sorte de estar dentro!!!), que tanto as estudiei en Historia da Arte de segundo de Bacharelato e para selectividade jajajaj.
A verdade e que levaba tempo rompéndolle a cabeza a meu pai para que me levase, e por fin o conseguín!

Rebusquei nas entradas do blog por que pensei que daquela fixera tamén unha reportaxe, pero non. Pero si que atopei dúas publicacións en Flickr:

- he viajado a lomos de la lava de un volcán.
- stay with me, let's just a breathe...



























© Antía Vicente, 2016.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.



1 comentario: