"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

mércores, 12 de outubro de 2016

"La millor terreta del mon"

A segunda semana de agosto, Sara, Laura e eu collemos rumbo cara Alicante, concretamente estivemos en El Campello, grazas a que meu tío nos acolleu caritativamente jajja

Fóra de El Campello, visitamos Benidorm, Guadalest, Alicante e Cala Lanuza. En Alicante e na Cala, non fixen fotos xa que íamos pasar todo o día na praia e non me gustaba a idea de levar a cámara e que lle puideran enrtrar areas ou calquera historia; aparte un dos días puxenme malísima que ata acabei no centro de saúde.

Benidorm non nos gustou tanto como Alicante, que pese a ser ambos lugares bastante turísticos, Benidorm está explotado ó máximo e de todas as maneiras posibles...

Cala Lanuza é unha pequena praia, situada no concello de El Campello. E fermosa e a forte oleaxe é o que máis destaca. A entrada á cala está no medio duns edificios a medio construir que empañan a fermosura da praia...

En Guadalest chama á atención o Castillo de San José, fortaleza do século XI construída polos musulmáns, situada sobre a pedra na parte máis elevada do municipio.

O mesmo día que marchabamos (xa que tiñamos o avión pola noite), descubrimos un lugar máxico en El Campello. Levábamolo vendo todos os días, pero non foi ata ese momento cando nos atrevemos a acercarnos alí. Este lugar é o que aparece nas últimas fotografías, onde o mar nos impregnaba.

Fixen un pequeno recopilatorio persoal a modo de reportaxe de todas as fotos que realicei por alá

Benidorm.

sábado, 8 de outubro de 2016

"Onde o mundo se chama Celanova"

O primeiro domingo de xullo, fomos meus pais, meu irmán e eu de excursión; cousa que facemos bastante a miúdo.

O noso primeiro destino foi Castro Laboreiro (en Melgaço, Portugal, moi preto da fronteira con Galiza), xa estiveramos hai uns anos e  esta vez, fixemos case o mesmo percorrido.

Continuamos avanzando pola Serra do Xurés e pasamos pola capela da Virxe da Sobreira (en Ferreiros de Arriba, no concello de Entrimo). E como non podía ser doutra maneira tamén puidemos gozar da fermosura de Santa María a Real de Entrimo, uha fermosa obra de estilo barroco churrigueresco.

Despois de moito tempo desexandoo, puiden ver cos meus ollos "la espléndida iglesita con espléndida espadana" que dicía a profe de historia da arte...Santa Comba de Bande! Que fermosura.

Continuando en Bande, pasamos por "Aquis Querquennis" o Campamento Militar Romano de "A Cidá".

E finalmente chegamos a Celanova. Dalle o nome á entrada porque recordei a obra de Celso Emilio nada máis ver o cartel do pobo. Foi a última parada do percorrido, pero non por iso a menos importante, xa que queríamos ver tamén outra gran obra de arte, San Miguel de Celanova, pero parecía todo moi pechado...ata que falamos con un señor (debía ser sancristán) que nos fixo unha visita privada ata este fermoso (e minúsculo) oratorio, que se atopa dentro do recinto do Mosteiro de San Salvador.

Foi un percorrido moi especial para min, por que pasamos polos mesmos lugares, 5 anos despois. Eu daquela estaba estrenando a miña D3000, e desta vez a viaxe foi coa D750.

Tamén me fixo moita ilusión poder estar tan preto de dúas obras de arte tan maravillosas como Santa Comba de Bande e San Miguel de Celanova (onde tamén tiven a sorte de estar dentro!!!), que tanto as estudiei en Historia da Arte de segundo de Bacharelato e para selectividade jajajaj.
A verdade e que levaba tempo rompéndolle a cabeza a meu pai para que me levase, e por fin o conseguín!

Rebusquei nas entradas do blog por que pensei que daquela fixera tamén unha reportaxe, pero non. Pero si que atopei dúas publicacións en Flickr:

- he viajado a lomos de la lava de un volcán.
- stay with me, let's just a breathe...