"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

mércores, 29 de xullo de 2015

Lisboa e NOS Alive 2015

Porque para o ano temos pensado repetir (ainda que non sea ó NOS Alive, volveremos a un festival, sexa cal sexa, todo sexa pola experiencia).
Porque foi impresionante.
Porque nos quedou xente atrás e porque foi unha das mellores experiencias da miña vida.
Resumo dos 3 días que pasamos de turisteo en Lisboa, e no final da entrada un resumo a modo de video, onde hai unha moi moi pequena dose sobre a nosa tarde no NOS Alive.
Hai fotos do Mosteiro dos Jerónimos en Belém (onde nos hospedamos), da Torre de Belém, da Praça do Comécio de Lisboa, a Praça de Dom Pedro IV, da Sé de Lisboa, Panteão Nacional (dende onde hai unhas fermosisimas vistas), da Alfama, e da Praça Luis de Camões e como non dos numerosos tranvías que recorren a cidade. Visitamos moitos sitios máis pero...esquecéuseme sacar a cámara.


luns, 27 de xullo de 2015

Viaxe no Joaquin Vieta

Construído entre 1915 e 1916 é o barco máis antigo que surcan os mares de Galiza.
Estivo atracado no club Nautico de Rianxo a principios deste mes.
Dúas horas de viaxe onde se pode apreciar a beleza da ría de Rianxo, ata os arroaces nos acompañaron :)



martes, 21 de xullo de 2015

morphing me, and forcing me to strive

"transformándome e obrigándome a esforzarme"


Grazas por estes 126.748.800 segundos, 2.112.480 minutos, 35.208 horas, 1.467 dias, 48 meses.
En total 4 anos e 6 días cheos de fotos, de querer saber máis, de superarme.
Grazas por cada unha das 43.463 fotografías que me regalaches.
Grazas por abrirme os ollos e descubrirme algo tan bonito como o é a fotografía e ver todo o que me rodea dunha maneira diferente.
Grazas por todos e cada un dos momentos que vivín grazas a ti (e contigo).


D3000 grazas por ensinarme TODO.
D750, benvida, quédanos moito por vivir.
Todo o esforso ten a súa recompensa. Para min a recompensa é poder facerme cun novo equipo grazas á miña suor. Unha maneira de medrar, de notar que estou medrando, e de intentar superarme.

Grazas por ser as prolongacións dos meus ollos.


luns, 20 de xullo de 2015

Amalgama na I Foliada na Carballeira

O.C.T. Chorima organizou o pasado 18 de xullo a I Foliada na Carballeira, que tivo lugar na carballeira do Soutullo, na parroquia de Urdilde, en Rois.
Houbo comida popular, actuacións dos artistas do grupo, xogos e demais actividades. Para amenizar a tarde veu un monologista a sacarnos unhas risas, e para rematar actuaron o grupo Amalgama. Chavalada con janas de pasalo ben fasendo o que mellor se lle da: faser música. Dan moita jerra ensima do escenario, e con unha calidá impresionante (non me esperaba menos).
O público entrejadisimo fixo que eles se animaran máis aínda e fixeran varios bises (máis dos que tiñan planeados). Moi jrandes!



domingo, 12 de xullo de 2015

Viana fica no coraçao

Pequena escapada o pasado 28 de xuño a Viana do Castelo. Unha fermosa cidade portuguesa situada na marxe dereita do estuario do río Limia.
Visitamos o templo de Santa Luzia, de estilo neo romano-bizantino, situado no monte de Santa Luzia. Dende a cúpula do templo, pódense admirar unhas magníficas vistas de 360 graos da rexión (dende alí arriba non saquei fotos, gañoume o vértigo).


sábado, 4 de xullo de 2015

Remontada en dorna polo Ulla e Sar | 2015

Unha gran iniciativa organizada pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C.D. Dorna da Illa de Arousa, onde once dornas volveron a surcar o Ulla e o Sar na terceira edición da “Que inchadiña branca vela”, para rematar facéndolle unha homenaxe a Rosalía.
O ano pasado acudín soamente á chegada das dornas a Padrón e á homenaxe no Paseo do Espolón. Pero esta vez seguín as dornas por diferentes partes do traxecto: dende a saída na praia fluvial de Vilarello, na desembocadura do Sar no Ulla, e outra vez a chegada en Padrón.
É fermoso ver as dornas volver a surcar o mar.