"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

sábado, 28 de marzo de 2015

BALEIRO/S

Traballo sobre o uso actual da fotografía. Sobre a fotografía nas redes sociais.
Ese uso “masivo” da fotografía, a necesidade de crear recordos.
Creamos baleiro e quedamos baleiros realizando este tipo de fotografía (de ahí o título da entrada, que corresponde ó da serie de fotografías).
Aquelas cousas que (según a miña opinión) máis se comparten actualmente, coas que queremos aparentar ser felices.
Moda.
Parellas.
Amigos.
Relación pai-fillo.
Contextualización do suxeito neste mundo.

Atópome cada día con miles de fotografías nas redes sociais, que ás veces pasan desapercibidas, (por  estar xa “acostumada” a elas).
Unha vez que o penso e me paro a analizalo, creo que na maioría destas situacións compartidas masivamente, non é necesario pararse para sacar a foto, creo que é moito máis importante vivilo que fotografialo.
Non é o feito de fotografiar en si, se non o de chegar a compartir todo, ata as cousas máis íntimas da nosa vida, experiencias que no fondo non estás disfrutando, que soamente disfrutas cos “me gusta” que consegue a foto.

Isto lévanos a vivir nunha total irrealidade, soamente empeñados en crear recordos, negándonos a vivilos.

Espero que vos faga reflexionar, por que a min como (intento de) fotógrafa si mo fixo.


venres, 13 de marzo de 2015

Ilford delta 3200

O traballo con esta película de alta sensibilidade consistía en aprezar o grano que produce. Había que realizar un forzado (esto consiste en alargar o revelado dunha película máis alá do normal para compensar a subexposición ou aumentar ocontraste. O forzado dunha película vai acompañado do previo aumento de sensibilidade, que en realidade consiste en subexpoñer).

A miña idea consistía en sacar as fotos nunha hora onde a luz natural comezase a escasear para poder aprobeitar a alta sensibilidade da película; e escollín a hora da posta do sol (sobre as 18h. máis ou menos) un día de inverno (neste caso as fotos realizáronse o día 4 de xaneiro).
Inspireime en Timothy O'Sullivan, cando realizou a exploración xeológica do paralelo 40°. Dita expedición comezou en Virginia City (Nevada), onde fotografiou as minas. O seu traballo consistía en fotografiar os novos territorios para atraer colonos, sendo as súas fotografías as primeiras en rexistrar as ruinas prehistóricas dos indios Navajo e as aldeas dos Pueblo. En contraste cos paisaxes asiáticos e orientais, o suxeito fotográfico que escolleu constituiu un novo concepto, tomou fotografías de lugares non industrializados e non civilizados; convinando ciencia e arte, logrando rexistros exactos de extraordinaria beleza.
O lugar non industrializado e non civilizado que escollín foron as Brañas de Laíño ó seu paso por Imo. As Brañas son unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia e albergan gran riqueza ambiental.
Pero o que non mostran as fotografías, é o descoidadas que están, pese a toda a protección que teñen, ademáis de desaproveitadas. As zonas das Brañas ás que pode acceder o home están totalmente invadidas polo plástico. Boa parte desta basura leva tirada anos (recordo xa de pequena cando paseaba polas Brañas ver electrodomésticos, sofás e pneumáticos tirados, que agora tapa a maleza).
A maleza medra tamén en moitas fincas que despois do deslinde efectuado por Costas sobre 1998, pasaron a dominio público e foron abandonadas polos seus propietarios; propietarios que durante anos traballaban as terrras para poder comer.
Quero criticar así, o pouco interese que se ten sobre este maravilloso paisaxe natural do que gozamos en Dodro. Non o explotaría de ningunha maneira, non faría obras, simplemente, quitaría todo o que se almacena nelas que non ten que ver coa naturaleza (sen comentar os numerosos residuos que se verten ó Ulla), toda a basura que invade este espazo natural, que pese a todo, tanto me gusta.



luns, 2 de marzo de 2015

"I am all the days that you choose to ignore"

O tema clave deste traballo era a reportaxe, a velocidade de obturación tratada de maneira creativa e a rutina diaria.
Sete fotografías e sete momentos que ilustraran a miña rutina de cada día.
A velocidade de obturación utilizada de maneira que cada técnica utilizada en cada momento do día representa o que ese momento significa para min (agobio, présa, tranquilidade, cansanzo...).
Almorzo.
O camiño ó traballo.
O traballo con nenos.
Mestre Mateo.
Volta á casa.
Ducha.
Momento máis desexado do día: durmir.

"I am all the days that you choose to ignore" é o título da miña rutina diaria.
Pertence a unha canción de Radiohead que vos deixo despois das fotografías.
Escollín este fragmento, (pese a que a canción enteira non signifique isto), por que dalgunha maneira o cotián e rutinario lévase a un terreo aburrido, que esquecemos; cando moitos dos mellores momentos das nosas vidas pasan neses días comúns.

e aquí, as fotos en orde: