"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

xoves, 31 de decembro de 2015

Desfile Despunte'15 I

Un ano máis celebrouse na Cidade da Cultura de Galicia, a V edición do Desfile Despunte, que tivo lugar o pasado día 6 de novembro; onde os alumnos e alumnas do Grao de Diseño de Moda da E.A.S.D Mestre Mateo mostran as súas coleccións correspondentes co seu traballo de fin de grao.


Este ano houbo unha novidade, sumouse a xoiería á moda, polo que tamén puidemos disfrutar de creacións dos alumnos de Xoiaría Artística (entre elas a de Roi, a cal aparece retratada nunha das miñas fotografías. Estou orgullosa.)
O acto rematou coa colección finalista do I Concurso Nacional de Escolas de Moda Talento Co, das cales foi finalistas catro exalumnas da Escola, o equipo "Allways" coa súa colección "Headway". Unha das súas compoñentes, Adriana Barreiro, foi a gañadora do desfile desta edición coa súa colección "C'alma".

Cada ano, o seguemento fotográfico do evento corre a cargo do alumnado do Ciclo Superior de Fotografía da escola, e este ano tocounos a nós! Ás catro e media da tarde xa chegamos á Cidade da Cultura e comezamos a disparar. Fixemos unha pequena reportaxe sobre o que ocorre no backesteage, dende perruquería e maquillaxe ata o momento de vestir ás modelos.

Este ano, sabía que podía confiar na cámara, polo que acadei unha serie de fotografías máis grande e interesante.

Deixovos cunha primeira parte onde mostro o que está detrás da pasarela, "entre bambalinas". Noutra entrada subirei as fotos do desfile en sí. Decidín dividilo así por que son moitas fotos e nunha mesma entrada, faríase moi longi.

(Sinto o retraso desta entrada, pero entre traballos de clase e derivados non puiden publicala antes)



martes, 18 de agosto de 2015

Cruzando a provincia

Imo - Noia - Esteiro - Muros - San Francisco - Lira - Carnota - Ézaro - Cee - Corcubión - Fisterra - Camariñas - Muxía - Nemiña - Queiroso - Touriñan - Dumbría - Mazaricos - Fontecada - Negreira -  Santiago - O Pino - Arzúa - Melide - Pambre - Palas de Rei - Vilar de Donas.

- Como cruzar a provincia de A Coruña (e rozar a de Lugo) en dous días.

Nunca fora a Muros (din que de pequena si, pero non o recordo) e encantoume (ainda que me faltou o achuchón de Estela), ó igual que meu pai, que alucinou cos nomes tan curiosos das rúas (Rúa da Soidade, da Paciencia, do Sufrimento, do Recreo... ) e co ben conservado e restaurado que está.

En Camariñas chovía (o resto dos sitios xa os visitara algunha vez) e soamente vimos o colacao quentiño que tomamos nun bar.

Foi unha pena non adimirar as vistas que nos da o Cabo Fisterra, pero coa espesa néboa non se vía máis alá dun palmo de un. Xa en Touriñán o tempo deunos unha tregua (non demos visto a posta de sol, pero...) e puidemos ver a inmensidade do mar, como se perde no horizonte.

Hospedámonos no Hotel Rural Fontequeiroso en Nemiña (o hotel máis occidetal de Europa!!), onde nos trataron como uns máis da familia. A cea foi o mellor da estancia (case), creo que non teño palabras para poder describir o rico que estaba todo. E co almorzo máis do mesmo. Un pracer.

Para rematar o fin de semana, á volta de ver a Igrexa Románica de Vilar de Donas e o castelo de Pambre, paramos no Monte do Gozo (tiña ganas de ir, xa que fora de pequena, e non recordaba que había alí).


Non hai fotos de todos os sitios (tocáronnos uns días feos, de nubes e chuvia).

Muxía

mércores, 12 de agosto de 2015

Sara e Laura | Sesión

Non é unha sesión no sentido estricto da palabra, simplemente quería sacar a cámara a pasear por primeira vez. Fomos en busca dun lugar bonito, diferente, e pese as complicacións, saiu esto.


xoves, 6 de agosto de 2015

Toma de contacto D750

Despois de ensinarvos xa todas as fotos atrasadas, podo comezar a falarvos en full frame jajaj
É ipresionante a calidade de imaxe do full frame e do obxectivo, o ISO tan elevado que acada (tendo en conta que a D3000 só chegaba a 1600...creo que me vai facilitar moito as cousas)...
Ensinovos unhas poucas fotos (as primeiras!) que saquei coa nova cámara e co novo obxectivo! :)


Jose Gonzalez + Os Amigos dos Músicos | Sala Capitol

Estas fotos son do concerto do 21 de febreiro de 2015 de Jose Gonzalez e os seus teloneiros, Os Amigos dos Músicos na Capitol. Foron realizadas durante as prácticas da Workshop de fotografía de concertos e eventos musicais impartida por Javier Rosa.
Foi a 3ª vez que acudía a un curso deste home, e creo que eso explica moitas cousas (para comezar a cantidade de fotos de concertos que hai no blog; é a mestura perfecta para min).
Este home é todo un icono neste tipo de fotografía. Tiven o gran pracer de coñecelo e de acudir a varios dos seus talleres de fotografía, saber como traballa, e o que implica ser un fotógrafo "todoterreno".
Admiro o seu traballo. Moitas gracias (algo atrasadas).

OS AMIGOS DOS MÚSICOS.

luns, 3 de agosto de 2015

Ensinar é aprender dúas veces

"Enseñar es aprender dos veces" Joseph Joubert.

As caixas de bombóns acumúlanse, pequenas pero enormes mostras de cariño dos papás por todo o que fixemos polos seus pequenos.
Eu só fun un minúsculo piar para eles durante este curso (
15 días que se convertiron en 8 meses.), pero estes días, cada vez que os vexo sair pola porta, levan con eles un gran cacho do meu corazón.
Traballar con nenxs é duro e moi moi pero que moi cansado, pero é o máis gratificante do mundo.
Queridos nenxs, tedes toda a vida por diante, é toda para vós.
Mentiría se dixera que os bebés non son a miña debilidade, e que me perden. Que ninguén diga que "os bebés non fan nada" por que fan moito mais do que pensamos, poden transmitir, interaccionar e traballar máis do que cremos, superando todas aquelas barreiras que os adultos lle poñemos.

Ainda asi creo que non poderia escoller unha idade determinada, todos os nenxs independientemente da súa idade son únicos e especiais. A etapa 0 a 3 é fermosa, non podo negalo.

Unha vez máis digo que os nenxs e a fotografía me teñen o corazón dividido, pero cando teño oportunidades así para unir ambas cousas, creo que os resultados son inigualables. Grazas por contar comigo para educar estes nenos e por confiar en min para sacar fotos de determinadas actividades.

Todo esto foi mellor por podelo vivir ó lado dunha persoa moi especial. Non sería o mesmo. Gracias. Marga.

E con esta reflexión deixovos coa miña visión particular dos meus nenxs, aquela que me proporciona a miña cámara. Fotos do proxecto que realizamos sobre os maios.



mércores, 29 de xullo de 2015

Lisboa e NOS Alive 2015

Porque para o ano temos pensado repetir (ainda que non sea ó NOS Alive, volveremos a un festival, sexa cal sexa, todo sexa pola experiencia).
Porque foi impresionante.
Porque nos quedou xente atrás e porque foi unha das mellores experiencias da miña vida.
Resumo dos 3 días que pasamos de turisteo en Lisboa, e no final da entrada un resumo a modo de video, onde hai unha moi moi pequena dose sobre a nosa tarde no NOS Alive.
Hai fotos do Mosteiro dos Jerónimos en Belém (onde nos hospedamos), da Torre de Belém, da Praça do Comécio de Lisboa, a Praça de Dom Pedro IV, da Sé de Lisboa, Panteão Nacional (dende onde hai unhas fermosisimas vistas), da Alfama, e da Praça Luis de Camões e como non dos numerosos tranvías que recorren a cidade. Visitamos moitos sitios máis pero...esquecéuseme sacar a cámara.


luns, 27 de xullo de 2015

Viaxe no Joaquin Vieta

Construído entre 1915 e 1916 é o barco máis antigo que surcan os mares de Galiza.
Estivo atracado no club Nautico de Rianxo a principios deste mes.
Dúas horas de viaxe onde se pode apreciar a beleza da ría de Rianxo, ata os arroaces nos acompañaron :)



martes, 21 de xullo de 2015

morphing me, and forcing me to strive

"transformándome e obrigándome a esforzarme"


Grazas por estes 126.748.800 segundos, 2.112.480 minutos, 35.208 horas, 1.467 dias, 48 meses.
En total 4 anos e 6 días cheos de fotos, de querer saber máis, de superarme.
Grazas por cada unha das 43.463 fotografías que me regalaches.
Grazas por abrirme os ollos e descubrirme algo tan bonito como o é a fotografía e ver todo o que me rodea dunha maneira diferente.
Grazas por todos e cada un dos momentos que vivín grazas a ti (e contigo).


D3000 grazas por ensinarme TODO.
D750, benvida, quédanos moito por vivir.
Todo o esforso ten a súa recompensa. Para min a recompensa é poder facerme cun novo equipo grazas á miña suor. Unha maneira de medrar, de notar que estou medrando, e de intentar superarme.

Grazas por ser as prolongacións dos meus ollos.


luns, 20 de xullo de 2015

Amalgama na I Foliada na Carballeira

O.C.T. Chorima organizou o pasado 18 de xullo a I Foliada na Carballeira, que tivo lugar na carballeira do Soutullo, na parroquia de Urdilde, en Rois.
Houbo comida popular, actuacións dos artistas do grupo, xogos e demais actividades. Para amenizar a tarde veu un monologista a sacarnos unhas risas, e para rematar actuaron o grupo Amalgama. Chavalada con janas de pasalo ben fasendo o que mellor se lle da: faser música. Dan moita jerra ensima do escenario, e con unha calidá impresionante (non me esperaba menos).
O público entrejadisimo fixo que eles se animaran máis aínda e fixeran varios bises (máis dos que tiñan planeados). Moi jrandes!



domingo, 12 de xullo de 2015

Viana fica no coraçao

Pequena escapada o pasado 28 de xuño a Viana do Castelo. Unha fermosa cidade portuguesa situada na marxe dereita do estuario do río Limia.
Visitamos o templo de Santa Luzia, de estilo neo romano-bizantino, situado no monte de Santa Luzia. Dende a cúpula do templo, pódense admirar unhas magníficas vistas de 360 graos da rexión (dende alí arriba non saquei fotos, gañoume o vértigo).


sábado, 4 de xullo de 2015

Remontada en dorna polo Ulla e Sar | 2015

Unha gran iniciativa organizada pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C.D. Dorna da Illa de Arousa, onde once dornas volveron a surcar o Ulla e o Sar na terceira edición da “Que inchadiña branca vela”, para rematar facéndolle unha homenaxe a Rosalía.
O ano pasado acudín soamente á chegada das dornas a Padrón e á homenaxe no Paseo do Espolón. Pero esta vez seguín as dornas por diferentes partes do traxecto: dende a saída na praia fluvial de Vilarello, na desembocadura do Sar no Ulla, e outra vez a chegada en Padrón.
É fermoso ver as dornas volver a surcar o mar.


sábado, 30 de maio de 2015

Colaboración coa Unidade Veciñal de Dodro.

Ó longo do mes de maio estiven traballando coa Unidade Veciñal de Dodro, unha agrupación de electores que buscan o mellor para o noso concello, que se presentaron ás pasadas eleccións municipais do 24 de Maio.

Tiven o pracer de ser a encargada de realizar as fotos da campaña electoral e de realizar as reportaxes nalgúns dos mitins que levaron a cabo.
Para que lle fora máis cómodo a eles compartir as fotos subinas á páxina de facebook, por se vos interesa, aquí os enlaces:

- Presentación da candidatura [18-04-15].
- Mitin da UVD en Imo [20-05-15].
- Peche de campaña en Lestrobe [22-05-15].
- Foto principal da campaña electoral da UVD.
- Fermosa mención que fan de min e do traballo que realicei con eles no seguinte vídeo (animovos a velo completo para que sepades como traballan e a labor pola que loitan).





PD: Estou traballando en algo moooooooooooi bonito, persoal e entrañable, pronto haberá un pequenísimo adianto...

domingo, 10 de maio de 2015

tempo, presiso tempo

algo máis de un mes, dádeme ese tempo para poñerme co blog e ca vida ó día.
sprint final do curso, con mil traballos, exames á vista, recuperacións e todo esto compaxinado co traballo.
se ajuantei hasta ahora, ajuanto o que me poñan.
será un verán distinto e intenso, pero mereserá a pena, sobre todo por Muse e pola D750 aaaaaaai

sábado, 28 de marzo de 2015

BALEIRO/S

Traballo sobre o uso actual da fotografía. Sobre a fotografía nas redes sociais.
Ese uso “masivo” da fotografía, a necesidade de crear recordos.
Creamos baleiro e quedamos baleiros realizando este tipo de fotografía (de ahí o título da entrada, que corresponde ó da serie de fotografías).
Aquelas cousas que (según a miña opinión) máis se comparten actualmente, coas que queremos aparentar ser felices.
Moda.
Parellas.
Amigos.
Relación pai-fillo.
Contextualización do suxeito neste mundo.

Atópome cada día con miles de fotografías nas redes sociais, que ás veces pasan desapercibidas, (por  estar xa “acostumada” a elas).
Unha vez que o penso e me paro a analizalo, creo que na maioría destas situacións compartidas masivamente, non é necesario pararse para sacar a foto, creo que é moito máis importante vivilo que fotografialo.
Non é o feito de fotografiar en si, se non o de chegar a compartir todo, ata as cousas máis íntimas da nosa vida, experiencias que no fondo non estás disfrutando, que soamente disfrutas cos “me gusta” que consegue a foto.

Isto lévanos a vivir nunha total irrealidade, soamente empeñados en crear recordos, negándonos a vivilos.

Espero que vos faga reflexionar, por que a min como (intento de) fotógrafa si mo fixo.


venres, 13 de marzo de 2015

Ilford delta 3200

O traballo con esta película de alta sensibilidade consistía en aprezar o grano que produce. Había que realizar un forzado (esto consiste en alargar o revelado dunha película máis alá do normal para compensar a subexposición ou aumentar ocontraste. O forzado dunha película vai acompañado do previo aumento de sensibilidade, que en realidade consiste en subexpoñer).

A miña idea consistía en sacar as fotos nunha hora onde a luz natural comezase a escasear para poder aprobeitar a alta sensibilidade da película; e escollín a hora da posta do sol (sobre as 18h. máis ou menos) un día de inverno (neste caso as fotos realizáronse o día 4 de xaneiro).
Inspireime en Timothy O'Sullivan, cando realizou a exploración xeológica do paralelo 40°. Dita expedición comezou en Virginia City (Nevada), onde fotografiou as minas. O seu traballo consistía en fotografiar os novos territorios para atraer colonos, sendo as súas fotografías as primeiras en rexistrar as ruinas prehistóricas dos indios Navajo e as aldeas dos Pueblo. En contraste cos paisaxes asiáticos e orientais, o suxeito fotográfico que escolleu constituiu un novo concepto, tomou fotografías de lugares non industrializados e non civilizados; convinando ciencia e arte, logrando rexistros exactos de extraordinaria beleza.
O lugar non industrializado e non civilizado que escollín foron as Brañas de Laíño ó seu paso por Imo. As Brañas son unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia e albergan gran riqueza ambiental.
Pero o que non mostran as fotografías, é o descoidadas que están, pese a toda a protección que teñen, ademáis de desaproveitadas. As zonas das Brañas ás que pode acceder o home están totalmente invadidas polo plástico. Boa parte desta basura leva tirada anos (recordo xa de pequena cando paseaba polas Brañas ver electrodomésticos, sofás e pneumáticos tirados, que agora tapa a maleza).
A maleza medra tamén en moitas fincas que despois do deslinde efectuado por Costas sobre 1998, pasaron a dominio público e foron abandonadas polos seus propietarios; propietarios que durante anos traballaban as terrras para poder comer.
Quero criticar así, o pouco interese que se ten sobre este maravilloso paisaxe natural do que gozamos en Dodro. Non o explotaría de ningunha maneira, non faría obras, simplemente, quitaría todo o que se almacena nelas que non ten que ver coa naturaleza (sen comentar os numerosos residuos que se verten ó Ulla), toda a basura que invade este espazo natural, que pese a todo, tanto me gusta.



luns, 2 de marzo de 2015

"I am all the days that you choose to ignore"

O tema clave deste traballo era a reportaxe, a velocidade de obturación tratada de maneira creativa e a rutina diaria.
Sete fotografías e sete momentos que ilustraran a miña rutina de cada día.
A velocidade de obturación utilizada de maneira que cada técnica utilizada en cada momento do día representa o que ese momento significa para min (agobio, présa, tranquilidade, cansanzo...).
Almorzo.
O camiño ó traballo.
O traballo con nenos.
Mestre Mateo.
Volta á casa.
Ducha.
Momento máis desexado do día: durmir.

"I am all the days that you choose to ignore" é o título da miña rutina diaria.
Pertence a unha canción de Radiohead que vos deixo despois das fotografías.
Escollín este fragmento, (pese a que a canción enteira non signifique isto), por que dalgunha maneira o cotián e rutinario lévase a un terreo aburrido, que esquecemos; cando moitos dos mellores momentos das nosas vidas pasan neses días comúns.

e aquí, as fotos en orde:


domingo, 11 de xaneiro de 2015

Stop motion

Un stop motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fijas sucesivas.
Para a súa realización saquei unhas 265 fotografías, e en cada unha delas, algún obxecto (ou o mesmo Lois) movíanse de lugar, para que na súa montaxe dera esa sensación de movemento.
Foi un dos traballos deste primeiro trimestre para o módulo de Medios Audiovisuais, onde a visualización de clásicos do cine (como Metrópolis, El acorazado Potemkin, Sunset Boulevard, ou Ciudadano Keane, entre outras) tamén foi unha das principais actividades, cousa que agradezo, xa que non coñecía ningunha delas, e parecéronme incribles.

Gracias a Lois pola paciencia e por darme ideas cando xa se me esgotaran.

sábado, 10 de xaneiro de 2015

Fotografía estenopeica

Considerando que na entrada anterior nomeei a fotografía estenopeica sen apenas explicar o que era, decidín realizar esta entrada aclarando a cuestión.

A fotografía estenopeica é unha técnica mediante a cal se obteñen fotografías e negativos sen prácticamente ningún equipo. Realízase con unha cámara estenopeica, trátase dunha das cámaras fotográficas máis sinxelas, baseada no principio da cámara escura; dotada de película fotográfica e unha lámina con un burato do grosor de unha agulla. Este burato chámase estenopo e da nome á técnica.
É unha das primeiras técnicas utilizadas na fotografía, que aínda é practicada actualmente tanto por fotógrafos profesionais como por aficionados á fotografía.
A característica principal das imaxes obtidas mediante este método é a profundidade de campo infinita. Esto significa que na foto vese claramente calquera punto sen necesidade de ningún encadre especial, como tería que aplicarse ó usar calquera lente de equipo profesional.
O proceso de obtención de imaxes perfectas é tecnificado coa introducción de fórmulas para distancias focais entre o estenopo e o diámetro do estenopo, convertíndoa nun xénero único de carácter independiente dentro da fotografía, aínda que non sexa moi coñecido nin totalmente aceptado pola maneira tan simple de obtención de imaxes.
Eu utilicei unha caixa de zapatos como cámara estenopeica. Hai autores como Abelardo Morell que utilizan a fotografía estenopeica, pero en lugar de emprega unha caixa, faino cunha habitación. E os resultados son absolutamente incribles.

martes, 6 de xaneiro de 2015

Estenopeica dixital.

Sen obxectivo.
Con un buratiño de 50mm de diámetro (apróx.) por onde entraba a luz. A cámara. Nada máis.
Sen complicacións.
Como debería ser todo.

Unha pequena mostra do traballo que realicei analizando o comportamento da luz tomando as fotos desta maneira.