"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

venres, 26 de decembro de 2014

Entre luces e sombras

Traballo de clase "Entre luces e sombras", tiñamos que utilizar luz lateral, preferiblemente natural; deixando así un lado da fotografía en penumbra e a outra en luces.
Á hora de escoller un tema para realizar as fotos, tendo en conta as luces e as sombras, eu quedeime coa idea do que se ve e o que non se ve nunha fotografía. Realicei así un retrato partindo unha parte do corpo, neste caso, das mans dunha persoa. Unha parte de algo utilizada para representar un todo, é dicir, un sinécdoque. O sinécdoque é unha licencia retórica mediante a cal se expresa a parte polo todo.
Mil gracias ás miñas avoas e avó e á miña bisavoa por faceren de modelos, e a está última especialmente por seren as súas mans as escollidas para representar este traballo.
O resto de negativos desta serie están sen escanear, pero igual teño que esperar un ano para facelo, porque unha vez entregado, ata o curso que ven non nos devolven os traballos. Pero bueno, todo o bo se fai esperar ;)
Déixovos con unha das numerosas fotografías que tiven que realizar con diferentes papeis e tapados para o traballo.


miss your teeth dug in my shoulder, a photo by dance with somebody on Flickr



Pentax Pn30.
Película: RPX 400. black & white negative.
Tapados en papel satinado.



Sei que ten moito grano, pero eso é o bonito das películas analóxicas.




"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

luns, 22 de decembro de 2014

Monte da Pena

O Monte da Pena sitúase entre Rianxo, Leiro e Asados. Dende alí pódesede observar o val do río Té (Araño, Asados e Rianxo) e a desembocadura do Ulla (Leiro). En resumo: unha impresionante vista da Ría de Arousa.
Había unhas semanas que meu pai me falara deste lugar, e quería saber como era. Por iso aprobeitamos a fermosa tarde do domingo para ir en familia visitar este mirador. As vistas son maravillosas, e aquí vos deixo con unha pequena mostra desta paisaxe.