"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

martes, 11 de novembro de 2014

Desfile Despunte'14

Da man das alumnas e alumnos do Grao de Diseño de Moda da E.A.S.D Mestre Mateo, acudímos como invitados á 5ª edición do Desfile Despunte, onde os alumnos de 4º ano mostran as súas coleccións. Tivo lugar o pasado venres día 7, na Cidade da Cultura.
Cada ano, o seguemento fotográfico do evento corre a cargo do alumnado do Ciclo Superior de Fotografía da escola. Os de primeiro curso non puidemos participar tan activamente como o desexaríamos, pero para o ano espero poder estar alí dende primeira hora da tarde para poder captar cada minuto tanto do desfile como do backstage, maquillaxe etc.
Aínda así, os profesores animáronnos a levar igual as cámaras e enfrentarnos a esta experiencia, e así o fixemos!
O ano pasado tamén acudín a probar como fotógrafa, pero non acadei os resultados desexados. Esta vez (e grazas á axuda do meu maravilloso 35mm!) acadei algo máis vistoso, e aquí vos deixo coas fotos.
Que disfrutedes!