"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 24 de agosto de 2014

Xoel López en Noia.

Este venres e sábado acudín a unha Workshop de fotografría en escenarios e eventos musicais impartido por Javier Rosa en Noia. Era a segunda vez que acudía a unha clase impartida por este gran fotógrafo, coñecido polos numerosos festivais nacionais que documenta coas súas fotografías. Adoro escoitar falar a este home e velo en acción, é unha pasada o que pode facer nun par de minutos, porque xeralmente o seu traballo faino nun período bastante curto de tempo.
As fotos que saquei durante as prácticas do curso, publicareinas máis adiante.
Grazas a formar parte deste curso, ofrecéronnos tamén a posibilidade de fotografíar a Xoel López no concerto que deu na vila onte á noite. O tempo que estiven dentro do foso foi bastante pouco (apenas un tema), apetecíame máis disfrutar do concerto (que había máis de un ano que non vía a Xoel), e o técnico de luces fixo que eso fose posible, porque a iluminación foi de 10, e non precisei a apertura f/1.8 do 35mm, tirei do 55-200mm sin problemas; e agora veredes o resultado.
Algunhas fotos...pois buff, parecenme moi boas (ainda que non sei, ás veces son crítica de máis co que fago), e o certo e que quixen facer fotos (un pouco) diferentes ás que me ten acostumada Xoel, centrándome en xestos e emocións, e non só en disparar (como ben aconsella Javier Rosa).
Grazas ó Concello de Noia pola organización da Workshop de fotografía e grazas tamén pola oportunidade de poder fotografíar a Xoel López. E como non grazas a Javier Rosa por todos os coñecementos que transmite nos cursos, e por facer ver que a fotografía ten máis saídas que fotografíar bodas e comunións.
Espero que vos gusten! Un saúdo.