"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

venres, 18 de abril de 2014

FIV 2014.

Foi a primeira vez que asistía ó FIV de Vilalba, e como non esperaba menos, non defraudou. Obviamente fun con meu pai (creo que nunca o dixen pero fascíname o seu traballlo...quen dera! E faime gracia que a radio chega a todos os oídos grazas ós técnicos de son, pero ninguén se acorda deles, pensan que a radio a fan quen falan nela, - que tamén - pero non).
Ía con máis gañas de atoparme con Javier Rosa que de ver ós grupos (xa que só puiden ir o primeiro día, e non había ningún grupo que me chamase moito á atención, xa que Izal estaba ó día seguinte e eu tiña que ir fotografiar a Ruxe Ruxe, pero bueno, todo sea por ter a cámara na man).
Quédome co directo de The Right Ons. Nunca escoitara nada deles e que mellor ocasión que o FIV para facelo! Second tamén fixeron un directo moi animado e bailable.
Amaral, pese a estar un pouco metidos a presión no cartel do festival (xa que non concordaba moito co ambiente "independiente" do FIV), non defraudaron e tamén fixeron bailar á xente baixo a carpa rosa!.
Case antes de irnos, acercámonos á cabina onde estaba traballando Javier Rosa. Velo traballar en directo é o máis fascinante do mundo (polo menos para min jja) e despois de darme algúns consellos, e a súa opinión sobre o meu novo obxectivo (moi boa por certo!), marchei para a casa máis contenta que nunca.

E despois de esta breve descripción da tarde no FIV, deixovos coas fotos. Que disfrutedes!

EAGULLS.

mércores, 16 de abril de 2014

Ruxe Ruxe na Capitol, presentando "Némesis"

Concerto do pasado sábado 12 de abril na Sala Capitol en Compostela.
Despois duns cantos problemas técnicos, alí estiven.
Na súa liña, sen defraudar a niguén e dando máis festa que nunca. Que gran concerto e que gran honor poder fotografialos, foi un pracer! Jrasias unha ves más a quen fixo posible que estivese ali.