"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

venres, 26 de decembro de 2014

Entre luces e sombras

Traballo de clase "Entre luces e sombras", tiñamos que utilizar luz lateral, preferiblemente natural; deixando así un lado da fotografía en penumbra e a outra en luces.
Á hora de escoller un tema para realizar as fotos, tendo en conta as luces e as sombras, eu quedeime coa idea do que se ve e o que non se ve nunha fotografía. Realicei así un retrato partindo unha parte do corpo, neste caso, das mans dunha persoa. Unha parte de algo utilizada para representar un todo, é dicir, un sinécdoque. O sinécdoque é unha licencia retórica mediante a cal se expresa a parte polo todo.
Mil gracias ás miñas avoas e avó e á miña bisavoa por faceren de modelos, e a está última especialmente por seren as súas mans as escollidas para representar este traballo.
O resto de negativos desta serie están sen escanear, pero igual teño que esperar un ano para facelo, porque unha vez entregado, ata o curso que ven non nos devolven os traballos. Pero bueno, todo o bo se fai esperar ;)
Déixovos con unha das numerosas fotografías que tiven que realizar con diferentes papeis e tapados para o traballo.


miss your teeth dug in my shoulder, a photo by dance with somebody on Flickr



Pentax Pn30.
Película: RPX 400. black & white negative.
Tapados en papel satinado.



Sei que ten moito grano, pero eso é o bonito das películas analóxicas.




"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

luns, 22 de decembro de 2014

Monte da Pena

O Monte da Pena sitúase entre Rianxo, Leiro e Asados. Dende alí pódesede observar o val do río Té (Araño, Asados e Rianxo) e a desembocadura do Ulla (Leiro). En resumo: unha impresionante vista da Ría de Arousa.
Había unhas semanas que meu pai me falara deste lugar, e quería saber como era. Por iso aprobeitamos a fermosa tarde do domingo para ir en familia visitar este mirador. As vistas son maravillosas, e aquí vos deixo con unha pequena mostra desta paisaxe.



martes, 11 de novembro de 2014

Desfile Despunte'14

Da man das alumnas e alumnos do Grao de Diseño de Moda da E.A.S.D Mestre Mateo, acudímos como invitados á 5ª edición do Desfile Despunte, onde os alumnos de 4º ano mostran as súas coleccións. Tivo lugar o pasado venres día 7, na Cidade da Cultura.
Cada ano, o seguemento fotográfico do evento corre a cargo do alumnado do Ciclo Superior de Fotografía da escola. Os de primeiro curso non puidemos participar tan activamente como o desexaríamos, pero para o ano espero poder estar alí dende primeira hora da tarde para poder captar cada minuto tanto do desfile como do backstage, maquillaxe etc.
Aínda así, os profesores animáronnos a levar igual as cámaras e enfrentarnos a esta experiencia, e así o fixemos!
O ano pasado tamén acudín a probar como fotógrafa, pero non acadei os resultados desexados. Esta vez (e grazas á axuda do meu maravilloso 35mm!) acadei algo máis vistoso, e aquí vos deixo coas fotos.
Que disfrutedes!


mércores, 22 de outubro de 2014

A Casa do Corral.

Por fin podo mostrarvos (por fin teño todas as fotos desexadas!) este pequeno proxecto no que levo inmersa dende hai uns meses.
A casa na que me criei, na que naceu meu abó e bisavós; na que pasei miles de momentos de pequena e non tan pequena. E agora fotografiada por min. Non puido facerme máis ilusión cando meu pai mo propuxo.
Na actualidade o turismo rural é a súa principal actividade, e é rexentada por meu pai e miñas tías (podedes atopar AQUÍ e AQUÍ máis información).
Deixovos con unha pequena selección das fotos.

domingo, 12 de outubro de 2014

Secho y Los Invisibles en Pontecesures.

Concerto de onte, 11 de outubro de 2014; no Café Concerto Enigma en Pontecesures.

Deixando de lado todos os inconvintes que pudo haber, Secho, con ou sin Invisibles, nunca defrauda!
(mil gracias polo setlist!)


domingo, 24 de agosto de 2014

Xoel López en Noia.

Este venres e sábado acudín a unha Workshop de fotografría en escenarios e eventos musicais impartido por Javier Rosa en Noia. Era a segunda vez que acudía a unha clase impartida por este gran fotógrafo, coñecido polos numerosos festivais nacionais que documenta coas súas fotografías. Adoro escoitar falar a este home e velo en acción, é unha pasada o que pode facer nun par de minutos, porque xeralmente o seu traballo faino nun período bastante curto de tempo.
As fotos que saquei durante as prácticas do curso, publicareinas máis adiante.
Grazas a formar parte deste curso, ofrecéronnos tamén a posibilidade de fotografíar a Xoel López no concerto que deu na vila onte á noite. O tempo que estiven dentro do foso foi bastante pouco (apenas un tema), apetecíame máis disfrutar do concerto (que había máis de un ano que non vía a Xoel), e o técnico de luces fixo que eso fose posible, porque a iluminación foi de 10, e non precisei a apertura f/1.8 do 35mm, tirei do 55-200mm sin problemas; e agora veredes o resultado.
Algunhas fotos...pois buff, parecenme moi boas (ainda que non sei, ás veces son crítica de máis co que fago), e o certo e que quixen facer fotos (un pouco) diferentes ás que me ten acostumada Xoel, centrándome en xestos e emocións, e non só en disparar (como ben aconsella Javier Rosa).
Grazas ó Concello de Noia pola organización da Workshop de fotografía e grazas tamén pola oportunidade de poder fotografíar a Xoel López. E como non grazas a Javier Rosa por todos os coñecementos que transmite nos cursos, e por facer ver que a fotografía ten máis saídas que fotografíar bodas e comunións.
Espero que vos gusten! Un saúdo.


luns, 14 de xullo de 2014

Remontada en dorna polo Ulla e Sar | 2014

Despois de levar máis de dous meses sen pasarme por aquí, xa tocaba. Dous meses de estudo...e mañán saberáse o resultado...
Deixo un par de fotos da Remontada en dorna polo Ulla e Sar que tivo lugar onte. As fotos son de cando as dornas chegaron a Padrón e lle fixeron unha ben bonita homenaxe a Rosalía, que era o fin desta fermosa remontada.


luns, 5 de maio de 2014

Sesión de fotos con Sara.

01-05-14.

Máis que unha sesión foi un "paseo con...". Pero bueno, tiña ganas de pasear, ganas de estar con Sara, ademais tiña algunha idea, e tiña tamén ganas de sacar fotos (que ó fin e o cabo é o máis importante), e o resultado, tras estas liñas.
Espero que non defraude (sobre todo á modelo, que creo que o pasou bastante ben fasendo o parvo para saír nas fotos jaja).


venres, 18 de abril de 2014

FIV 2014.

Foi a primeira vez que asistía ó FIV de Vilalba, e como non esperaba menos, non defraudou. Obviamente fun con meu pai (creo que nunca o dixen pero fascíname o seu traballlo...quen dera! E faime gracia que a radio chega a todos os oídos grazas ós técnicos de son, pero ninguén se acorda deles, pensan que a radio a fan quen falan nela, - que tamén - pero non).
Ía con máis gañas de atoparme con Javier Rosa que de ver ós grupos (xa que só puiden ir o primeiro día, e non había ningún grupo que me chamase moito á atención, xa que Izal estaba ó día seguinte e eu tiña que ir fotografiar a Ruxe Ruxe, pero bueno, todo sea por ter a cámara na man).
Quédome co directo de The Right Ons. Nunca escoitara nada deles e que mellor ocasión que o FIV para facelo! Second tamén fixeron un directo moi animado e bailable.
Amaral, pese a estar un pouco metidos a presión no cartel do festival (xa que non concordaba moito co ambiente "independiente" do FIV), non defraudaron e tamén fixeron bailar á xente baixo a carpa rosa!.
Case antes de irnos, acercámonos á cabina onde estaba traballando Javier Rosa. Velo traballar en directo é o máis fascinante do mundo (polo menos para min jja) e despois de darme algúns consellos, e a súa opinión sobre o meu novo obxectivo (moi boa por certo!), marchei para a casa máis contenta que nunca.

E despois de esta breve descripción da tarde no FIV, deixovos coas fotos. Que disfrutedes!

EAGULLS.

mércores, 16 de abril de 2014

Ruxe Ruxe na Capitol, presentando "Némesis"

Concerto do pasado sábado 12 de abril na Sala Capitol en Compostela.
Despois duns cantos problemas técnicos, alí estiven.
Na súa liña, sen defraudar a niguén e dando máis festa que nunca. Que gran concerto e que gran honor poder fotografialos, foi un pracer! Jrasias unha ves más a quen fixo posible que estivese ali.


sábado, 8 de marzo de 2014

Miss Caffeina en Santiago de Compostela.

Resumo do que foi o concerto de Miss Caffeina na Sala Capitol en Compostela o 28/02.
Unha vez máis non defraudaron e marchamos con ganas de máis, soubonos a pouco!
Espero ansiosa a resposta do grupo respecto as fotos, e tamen agardo que vos gusten a vós!


(apartires de agora espero non loitar tanto cas malas condicións da luz, xa que o meu novo 35mm f/1.8 vai facer maravillas!!)


xoves, 27 de febreiro de 2014

Neve en Manzaneda!

O 22 de febreiro o Concello de Dodro organizou unha excursión a Manzaneda, e como non nos puidemos resistir, alá fomos! Dudei un pouco se levar a cámara ou non, pero como sabía que me ía arrepentir, acompañounos tamén!


venres, 17 de xaneiro de 2014

Antía "returns" (Antía nunca se foi)

Desaparesida. Un pouco si.
Realmente en nadal non fixen ningunha foto (a excepción do concerto, case nin saín da casa); creo que estou nunha etapa de "descanso" e sobre todo de recapacitación acerca da continuación dos meus estudos (indecisa entre seguir pola rama da educación ou tirar cara adiante e como poida coa fotografía).
O meu retraso, tanto en actualizar como en subir as fotos do concerto de Izal débese a un retraso do propio grupo en darme a súa opinión sobre o resultado das fotografías que quizais me baixou a autoestima respecto a calidade das fotos e o meu intento de profesionalidade. Sobre todo o tema da profesionalidade, axudandome a dudar un pouco do meu papel dentro do panorama fotográfico.
E realmente non sei como irá o tema.
Espero chegar a unha conclusión, pero sexa cal sexa, estou segura de que a fotografía seguirame acompañando moitos anos máis.

Apertas!!

mércores, 1 de xaneiro de 2014

playlist decembro'13

Francis Cabnrel - Petite Marie.
Bastille . Icarus.
Izal - Despedida. (creo que é unha das moitas, por non disir todas as cansións no novo disco que me teñen namorada)
Mando Diao - Long before rock 'n' roll.
Jamie Cullum - Gran Torino. (gran canción, gran película; grandes as bágoas combinando ambas)



probablemente a partires de agora os playlist se transladen ó outro blog (depolvoraemagnolias) adicando así este única e exclusivamente á fotografía)