Concerto do día 14-08-13, no Parque da Xunqueira, Vilagarcía.
Por fin chegou o día no que despois de 2 anos escoitando a Miss Caffeina e vendo que a Galicia pouco se acercaban, a sorte chamou á nosa porta. Enterámonos unha semana antes polas redes sociais e tratándose de Vilagarcía e ó ser de balde, non dubidamos nin un momento. Había que ir.
Chegamos ó Parque da Xunqueira de Vilagarcía un par de horas antes de que comezara o concerto, e nun momento que saíamos para comprar algo de beber, démonos conta de que os compoñentes de Miss Caffeina acababan de chegar tamén ó recinto e que estaban descargando os intrumentos.
Nós, mortas de vergonza corremos xunta Alberto para sacarnos unha foto con el. Casi morremos.
 |
Que pouco se nota a felicidade nas nosas caras non? |