"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 28 de xullo de 2013

XIV Festival Folclórico, Rois.

O sábado 27 ás oito da tarde o Grupo Folclórico Chorima organizou un Festival como cada ano. Nun principio ia ser na Carballeira do Aido pero por mor do mal tempo realizouse no pavillón polideportivo de Rois.

A miña idea era ver a actuación de Chorima, xa que Sara baila alí, pero a verdade e que descubrimos tamén os bailes tradicionais de Euskadi, e coa boca aberta que quedamos.


Grupo Catalmibre Tradicional.


mércores, 17 de xullo de 2013

Illas Cíes.

Viaxe en familia, organizado polo concello de Dodro.
O día comezou un pouco nubrado e ata frío, pero ó final da tarde ainda puidemos gozar duns escasos raios de sol e duns chapuzóns nas augas cristalinas da praia de Rodas.


luns, 15 de xullo de 2013

Dorian e Lori Meyers no Festival PopUp.

Todo hai que admitilo, nos tres días de concertos, soamente acudimos a ver a Dorian e a Lori Meyers.
Sonábannos de algo, tiñamos idea de algunha das súas cancións e a verdade que velos en directo foi unha maneira de que nos namorásemos deles.
Ambos concertos repletos de enerxía positiva.
Conseguimos a baqueta do batería de Dorian e a púa de Noni.
Foi maravilloso.

DORIAN.


mércores, 10 de xullo de 2013

Praia de Razo (Carballo).

Non podían escoller mellor emprazamento para realizar un festival.
Música, praia e acampada todo a menos de 5 pasos.
Unha paisaxe maravillosa, inmellorable; e aquí as probas: