"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 26 de maio de 2013

[50/52]

- , a photo by dance with somebody on Flickr.

Por petición especial.


[edición: endereitado, marca de auga]

sábado, 25 de maio de 2013

mércores, 22 de maio de 2013

Críticas musicais: Festival do Norte 2013.


Primeiro festival do ano.
Primeira acreditación como fotógrafa na miña vida (e esperemos que non sexa a última).

Pese ó mal tempo e a que andiven "perdida" polo recinto gran parte da tarde, sentinme coma unha nena pequena.
Puiden estar alí grazas a meu pai. Realmente non saberei como agradecerllo.
Xa había ben de tempo que non o acompañaba a traballar, e serviume para valorar o seu traballo; que cada día me gusta máis.

Ainda que o cartel deste ano non me resultaba demasiado atractivo (tendo en conta que o ano pasado estivera Love of Lesbian, Fangoria e Nancys Rubias) ver o nome de Xoel foi o que fixo que me decidira a ir.
Como ben dixen, pola tarde andiven de moribunda dun lado para outro, e ó comezaren os concertos da tarde funos ver un cacho. Vin a Jane Joyd, que xa oira falar dela, e escoitara algunha canción tamén, pero a verdade que en directo gustoume moito. Apenas debín escoitar 3 cancións, pero a actitude dela enrriba do escenario foi moi aberta e sinxela, cousa que se ve pouco actualmente.
Cando rematou Jane Joyd, era o turno de Dr. Chinarro, que sendo sincera, non sabía da súa existencia.

Sobre as dez e media da noite comezou Xoel. Uns minutos antes meu pai ensinoume a entrada ó escenario.
Unha vez comezou a soar Hombre de ninguna parte, vin que os fotografos comezaban a correr cara a entrada ó escenario e alá fun. Foi gratificante poder estar alí, poder facelo coma se fose unha máis. Non sei, non hai palabras para esa experiencia.
Foi un concerto fermoso unha vez máis. Cancións antigas (novas para min) como Quemas ou Los jóvenes mueren entes de tiempo foron unha gran sorpresa para min, e para non variar, namoráronme.
Cando soou Tierra, Xoel acercouse máis ó público (eu entre eles xa, unha vez máis, e que contenta de volver facelo), sentouse na beira do escenario para chegar máis ainda (se é posible), xa que a canción chega á xente por sí soa.
Pensei que o concerto ia durar moito máis, pensei que ía haber algún bis, pero estaba equivocada. aínda así o sabor de boca que deixa Xoel E a súa música sempre é do máis doce.

Despois de Xoel tocaron La habitación roja, que nunca escoitara nada deles.
E a "sesión de fotos" do Festival do Norte rematou coa foto da semana 49, sacada dende o escenario, mentres tocaba este último grupo. A noite aínda cababa de comezar, pero Estudio 3, o programa que viña retransmitir meu pai rematara, e con eso nós fomos para a casa.

Primeiras experiencias, boas sensacións. E unha vez máis, grazas.

domingo, 19 de maio de 2013

As flores de miña abuela.

Eu non sei o que pasa, pero as plantas de miña abuela son demasiado fotogénicas.
Tamén as de miña nai, pero...


[49/52]


La habitación roja no Festival do Norte.
Un pequeno avance de mooooooooooooooooooooito máis.

Primeira acreditación como fotógrafa (espero que sexa a primeira de moitas).
Un "GRAZAS PAPÁ" nunca sobra.


[edición: marca de auga]

domingo, 12 de maio de 2013

[48/52]


Unha longa fin de semana. Poucas fotos.
Como conclusión saco que me gusta demasiado fotografiar flores.


Para a semana: FESTIVAL DO NORTE! jojo



[edición: marca de auga]

domingo, 5 de maio de 2013

[47/52]


Parece que por fin chegou a primavera!
Unha semana con poucas fotos pero moi moi moi interesante jejejeje ;)



[edición: marca de auga]