"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 31 de marzo de 2013

[42/52]

from my mouth,; a photo by dance with somebody on Flickr.

Outro paseo con Bombón o mércores.


[edición: marca de auga]


(os sábados de pascua sempre pasa algo. os domingos de pascua convértense en merdas. van dous anos xa)

domingo, 24 de marzo de 2013

[41/52]

infinity, a photo by dance with somebody on Flickr.
Fasía bo dia (despois de moitos chovendo) e apetesíame pasear, a Bombón tamén e a Lois ijual.
Foi pouco tempo, pero para despejar e sacar un par de fotos sirveu :)


Ainda así, este día debería estar dedicado a meus pais. Fan 23 anos de casados (que non son poucos!).
Non teño ningunha foto deles recente nin decente, algún día espero fotografialos. MOITOS PARABÉNS. SODES TODO.


[edición: b&n, escurecido, marca de auga]

domingo, 17 de marzo de 2013

[40/52]



Acabáronse os exames. (ainda teño mañá o último, ainda pasarei esta noite sen durmir, pero de tranquis)
Agora, PASCUA.

mércores, 13 de marzo de 2013

Nevoume!

O de erguerse e ver todos os tellados brancos foi maravilloso.
E si, señores, a primeira vez en 19 anos que vexo nevar. Triste pero certo.
Pero a ilusión non ma quitou ninguén.


domingo, 10 de marzo de 2013

[39/52]



Catoira, onte á noite.
Fasía frío.



[edición: escurecido e marca de auga]

sábado, 9 de marzo de 2013

Mäbu na Sónar, Santiago.

Teño que admitir que non me gustou o resultado final. Había pouca luz (un foco soamente).
Quédome cas tres últimas :'D

Crítica musical: Mäbu (I)

Concerto do día 02-03-12 na sala Sónar, Santiago de Compostela.



Intimidade.
Así é como se pode resumir o concerto que deron na sala Sónar o sábado pasado.

En directo non defraudaron, para nada. Tocaron temas do novo disco "Detrás de las luces" e tamén de "Buenos días" (soamente botei en falta Hazme el amor, unha das miñas favoritas).
Volvo a repetir unha vez máis, como xa o fixera cando "critiquei" (sempre positivamente) o concerto de Eladio y Los Seres Queridos na Capitol, a cantidade de "fans" ou persoas que asisten ós concertos non marca a calidade das bandas. Todo o contrario.
No caso de Mäbu, creo que a súa calidade, a parte das letras (máis adiante falarei) e da música pegadiza, o que os fai diferentes é a cercanía. Cando rematou o concerto, eles mesmos abriron unha maleta (en concreto Txarlie) e puxéronse a vender discos, camisetas e demais merchandising. Todos deberían ser así. Todos son así ó principio. Persoalmente, creo, que todos os grupos e cantantes pasan por esta etapa, ata que unha (enorme) discografía os compra e comezan a facer todo por eles (vender discos, redes sociais...), os compoñentes deixan de "facerlles (tanto) caso" ós fans.
O sábado estiven falando con Mäbu (con María e Txarlie, mentres César recollía a batería jaja) e teño que admitir que tamén me gustaría falar con Vetusta, Eladio, Love of Lesbian e claro, tamén cos internacionais (pero aqui falla o idioma xa..). Unha vez máis bótome a culpa, non a min mesma, se non a todos os fans de todos os artistas. Somos nós os que lle damos o éxito, pero á vez, somos os que fastidiamos a súa relación con nós mesmos. É un círculo vicioso.
Unha vez máis experimentei o fénomeno "non sei quen son eses do concierto ó que vas", dame igual, non penso discutir máis, se a min me gustan e vou ó concerto, ben; ó resto non debería importarlles; pero á xente é así.

Coñecín a Mäbu por casualidade, un sábado pola mañá de hai dous anos mentres vía a MTV. Cadrou que lle estaban facendo unha entrevista. Escoiteina e escoitei a súa músca e aí comezou todo. Escoitávaos cada vez máis e máis e non podía deixar de facelo.
Cando me enterei que sacaban novo disco e que na xira de presentación ian pasar por Santiago non o puiden crer. Corrín a comprar o disco e en canto puiden, tamén a entrada para o concerto. O disco é maravilloso e namoreime automáticamente de Caimán, Paralelo e Jaque Mate (que por suposto non faltaron o sábado!)

Mäbu son maravillosos en directo (non me esperaba menos, xa que a voz de María é fermosa) pero poder falar con eles, e da maneira que o fixeron, con toda a confianza do mundo, como se me coñecesen de toda a vida, foi fantástico.
A súa música envolveche nunha atmósfera de boas vibracións. Falo totalmente enserio...as letras son perfectas, adecuadas a calquera estado de ánimo. Por exemplo, eu non escoitara a canción Nunca, e gustoume moito, a letra e tamén o que María dixo dela: "Alguna vez os habeis emborrachado tanto, tanto, tanto que acabasteis con la persona equivocada? Pues esta canción habla de eso" Que razón ten madre mia! Anímovos a escoitala.

Falando un pouco do novo disco teño que admitir que me gustou, seguindo a súa doce e cálida línea.
Outros grupos que sacaron novo álbum recentemente defraudaronme un pouco (algúns moito), porque cambiaron lixeiramente (ou totalmente) o seu estilo e tamén a súa calidade (falo por exemplo de Muse, que non fun quen de escoitar máis de dúas cancións do novo disco, non as soportaba; e menos pensando na calidade de discos como "Absolution", "Black holes and revelations" e "The Resistance"). Non quero con isto xeralizar, pero si e certo que chega un momento que a música cambia. As circunstancias persoais de cada un de nós cambian tamén e iso influe nas letras e na música que se compón. Pero esta non é a situación de Mäbu (polo menos por agora).

domingo, 3 de marzo de 2013

venres, 1 de marzo de 2013

playlist febreiro'13

Mäbu - Jaque Mate. (Xa teño o disssssssco, e mañá vereinos por primeira vez en direeeeeeecto *_____* )
Miss Caffeina - Hielo T.
Of monsters and men - Sloom.
The black keys - Lonely boy.
Coldplay - Us against the world. (unha maravilla)
Ruxe Ruxe - Adiante.



adiante, adiante sempre adiante.