"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

mércores, 25 de decembro de 2013

Izal en Pontevedra.

Pódese disir que foi o meu primeiro "bolo" ofisial como fotójrafa. Gracias a Izal por concederme tan grande oportunidade.
Pois si, entrei gratis pese a ter a entrada comprada dende un mes antes. Fun unha grupi coma outra calquera conseguindo que me firmasen o disco e o setlist :D
Rejresei aljo triste polo resultado (o mesmo de sempre, pouca lus. Nesesito un obxetivo máis luminoso. Beca cando vés?), pero bueno, mal de todo non foi, que o disfrutedes!!


domingo, 10 de novembro de 2013

xoves, 31 de outubro de 2013

Terbutalina na Praza Roxa.

Concerto do pasado 24 de Outubro, patrocinado pola Asociación de Comerciantes Santiago Centro para celebrar a semana do estudante. Tiven a sorte de non estar no medio do barafundio todo e deixaronme pasar a dentro das vallas a sacar fotos.


sábado, 12 de outubro de 2013

Silvia & Walter [05-10-13]

Despois de 11 anos, volveu tocarme ir a unha boda.
Silvia e Walter fixeron unha fermosa celebración civil o pasado sábado.
Encantoume toda a boda en si, dende o vestido da noiva, a música do convite, a decoración, TODO!
Déixovos con unha pequena mostra das fotos que saquei. (Nunca fotografiara unha boda, e esta vez -coma todas as outras- de afeccionada, gustoume a experiencia)
Espero que vos gusten! :)

domingo, 15 de setembro de 2013

Medomedá e Terbutalina no Rock in Rian 2013.

A pouca batería que tiña a cámara, o cedo que marchei (pena non ver enteiro o concerto da Terbutalina kfdjbasjkdf)deron como resultado un numero bastante escaso de boas fotos, pero bueno, o importante foi disfrutar dos concertos!

MEDOMEDÁ.


mércores, 11 de setembro de 2013

domingo, 8 de setembro de 2013

"Son do Lajar"

O pasado venres, o Colectivo Nacionalista por Dodro organizou a primeira (de moitas) edición do "Son do Lajar", baseado na poesía e na música.
Nesta primeira edición acompañounos Secho (e os Invisibles?) e recital poético a cargo dos alí presentes (entre os que se encontraba o grande Anxo Angueira).
O acto celebrouse nun lagar da aldea de Imo, no lugar da Rúa.
Comezamos sobre as once e media da noite; eran as tres da mañá cando nos fomos, e se máis me deixasen, máis quedaba.


sábado, 7 de setembro de 2013

Imo 2013

A verdade e que durante as festas moitas fotos non saquei, pero este pequeno paseo o domingo pola tarde serviu para sacar un bo puñado delas.

Prometo que o da roupa non foi intencionadamente.

martes, 3 de setembro de 2013

mércores, 21 de agosto de 2013

Miss Caffeína en Vilagarcía.

Concerto con motivo das festas do San Roque en Vilagarcía.
Músculo! como teloneiros.
Gracias por posarme "sin querer" para algunhas fotos, Alberto! jajaaja :D

(ó final da entrada, un pequeno regalo de colleita propia)


MÚSCULO!.

venres, 16 de agosto de 2013

Críticas Musicais: Miss Caffeina (I).

Concerto do día 14-08-13, no Parque da Xunqueira, Vilagarcía.


Por fin chegou o día no que despois de 2 anos escoitando a Miss Caffeina e vendo que a Galicia pouco se acercaban, a sorte chamou á nosa porta. Enterámonos unha semana antes polas redes sociais e tratándose de Vilagarcía e ó ser de balde, non dubidamos nin un momento. Había que ir.
Chegamos ó Parque da Xunqueira de Vilagarcía un par de horas antes de que comezara o concerto, e nun momento que saíamos para comprar algo de beber, démonos conta de que os compoñentes de Miss Caffeina acababan de chegar tamén ó recinto e que estaban descargando os intrumentos.
Nós, mortas de vergonza corremos xunta Alberto para sacarnos unha foto con el. Casi morremos.

Que pouco se nota a felicidade nas nosas caras non?

xoves, 8 de agosto de 2013

Vikinsons 2013

Foi unha noite improvisada, en principio tíñamos outro plan, pero como non puido ser decidimos acercarnos ata Catoira porque tocaban os grandes Ruxe Ruxe.
Pero descubrimos tamén a Noite Fechada, un grupo do Salnés que nos sorprendeu moi gratamente coas súas versións de cancións coñecidísimas con letras máis que simpáticas e a veces realistas, de feito recordáronnos un pouco a Medomedá.


Noite Fechada.

xoves, 1 de agosto de 2013

playlist xullo'13

Miss Caffeina - Venimos.
Lori Meyers - El tiempo pasará (oira falar deles e tiña escoitado un par de cancións, pero o feito de velos en directo no Festival PopUp na praia de Razo fixo que me namorara completamente, outro novo e sorprendente descubrimento. E para a canción non hai palabras, a letra é demasiado significativa)
Dorian - Verte amanecer (podo dicir exactamente o mesmo deles que de Lori)
Passenger - Let her go.
Vetusta Morla - Taxi.

domingo, 28 de xullo de 2013

XIV Festival Folclórico, Rois.

O sábado 27 ás oito da tarde o Grupo Folclórico Chorima organizou un Festival como cada ano. Nun principio ia ser na Carballeira do Aido pero por mor do mal tempo realizouse no pavillón polideportivo de Rois.

A miña idea era ver a actuación de Chorima, xa que Sara baila alí, pero a verdade e que descubrimos tamén os bailes tradicionais de Euskadi, e coa boca aberta que quedamos.


Grupo Catalmibre Tradicional.


mércores, 17 de xullo de 2013

Illas Cíes.

Viaxe en familia, organizado polo concello de Dodro.
O día comezou un pouco nubrado e ata frío, pero ó final da tarde ainda puidemos gozar duns escasos raios de sol e duns chapuzóns nas augas cristalinas da praia de Rodas.


luns, 15 de xullo de 2013

Dorian e Lori Meyers no Festival PopUp.

Todo hai que admitilo, nos tres días de concertos, soamente acudimos a ver a Dorian e a Lori Meyers.
Sonábannos de algo, tiñamos idea de algunha das súas cancións e a verdade que velos en directo foi unha maneira de que nos namorásemos deles.
Ambos concertos repletos de enerxía positiva.
Conseguimos a baqueta do batería de Dorian e a púa de Noni.
Foi maravilloso.

DORIAN.


mércores, 10 de xullo de 2013

Praia de Razo (Carballo).

Non podían escoller mellor emprazamento para realizar un festival.
Música, praia e acampada todo a menos de 5 pasos.
Unha paisaxe maravillosa, inmellorable; e aquí as probas:


domingo, 2 de xuño de 2013

[51/52]



Fin de semana soa.
Aljo confusa, con moitas cousas na cabesa.
E moito que estudiar.


[edición: marca de auga]

sábado, 1 de xuño de 2013

playlist maio'13

Izal - 28 horas. (ooooooutra recomendación de M.V, e ouuuuutro jran descubrimento)
Xoel López - Quemas. (descubrina no Festival do Norte, non a escoitara antes e puuuuf efjkvbsjkd)
Bastille - Bad Blood.
Mäbu - Caimán.
Zahara - El leñador y la mujer América.
Bon Iver - Skinny love.






demasiadas janas de todo
e de nada.
é disir: verán.

domingo, 26 de maio de 2013

[50/52]

- , a photo by dance with somebody on Flickr.

Por petición especial.


[edición: endereitado, marca de auga]

sábado, 25 de maio de 2013

mércores, 22 de maio de 2013

Críticas musicais: Festival do Norte 2013.


Primeiro festival do ano.
Primeira acreditación como fotógrafa na miña vida (e esperemos que non sexa a última).

Pese ó mal tempo e a que andiven "perdida" polo recinto gran parte da tarde, sentinme coma unha nena pequena.
Puiden estar alí grazas a meu pai. Realmente non saberei como agradecerllo.
Xa había ben de tempo que non o acompañaba a traballar, e serviume para valorar o seu traballo; que cada día me gusta máis.

Ainda que o cartel deste ano non me resultaba demasiado atractivo (tendo en conta que o ano pasado estivera Love of Lesbian, Fangoria e Nancys Rubias) ver o nome de Xoel foi o que fixo que me decidira a ir.
Como ben dixen, pola tarde andiven de moribunda dun lado para outro, e ó comezaren os concertos da tarde funos ver un cacho. Vin a Jane Joyd, que xa oira falar dela, e escoitara algunha canción tamén, pero a verdade que en directo gustoume moito. Apenas debín escoitar 3 cancións, pero a actitude dela enrriba do escenario foi moi aberta e sinxela, cousa que se ve pouco actualmente.
Cando rematou Jane Joyd, era o turno de Dr. Chinarro, que sendo sincera, non sabía da súa existencia.

Sobre as dez e media da noite comezou Xoel. Uns minutos antes meu pai ensinoume a entrada ó escenario.
Unha vez comezou a soar Hombre de ninguna parte, vin que os fotografos comezaban a correr cara a entrada ó escenario e alá fun. Foi gratificante poder estar alí, poder facelo coma se fose unha máis. Non sei, non hai palabras para esa experiencia.
Foi un concerto fermoso unha vez máis. Cancións antigas (novas para min) como Quemas ou Los jóvenes mueren entes de tiempo foron unha gran sorpresa para min, e para non variar, namoráronme.
Cando soou Tierra, Xoel acercouse máis ó público (eu entre eles xa, unha vez máis, e que contenta de volver facelo), sentouse na beira do escenario para chegar máis ainda (se é posible), xa que a canción chega á xente por sí soa.
Pensei que o concerto ia durar moito máis, pensei que ía haber algún bis, pero estaba equivocada. aínda así o sabor de boca que deixa Xoel E a súa música sempre é do máis doce.

Despois de Xoel tocaron La habitación roja, que nunca escoitara nada deles.
E a "sesión de fotos" do Festival do Norte rematou coa foto da semana 49, sacada dende o escenario, mentres tocaba este último grupo. A noite aínda cababa de comezar, pero Estudio 3, o programa que viña retransmitir meu pai rematara, e con eso nós fomos para a casa.

Primeiras experiencias, boas sensacións. E unha vez máis, grazas.

domingo, 19 de maio de 2013

As flores de miña abuela.

Eu non sei o que pasa, pero as plantas de miña abuela son demasiado fotogénicas.
Tamén as de miña nai, pero...


[49/52]


La habitación roja no Festival do Norte.
Un pequeno avance de mooooooooooooooooooooito máis.

Primeira acreditación como fotógrafa (espero que sexa a primeira de moitas).
Un "GRAZAS PAPÁ" nunca sobra.


[edición: marca de auga]

domingo, 12 de maio de 2013

[48/52]


Unha longa fin de semana. Poucas fotos.
Como conclusión saco que me gusta demasiado fotografiar flores.


Para a semana: FESTIVAL DO NORTE! jojo



[edición: marca de auga]

domingo, 5 de maio de 2013

[47/52]


Parece que por fin chegou a primavera!
Unha semana con poucas fotos pero moi moi moi interesante jejejeje ;)



[edición: marca de auga]

domingo, 28 de abril de 2013

[46/52]



Xa había ben de teeeeeeempo que non nos xuntábamos todos. E a ocasión non era para menos: a pequena faisenos maior!
Justoume volver a estar todos xuntos, foi xenial. Quéresevos.


[edición: marca de auga, modifiquei a exposición, dei brillo, aclarei]

domingo, 21 de abril de 2013

[45/52]



A que sabe a lúa?
Traballo de clase, representar este conto con diferentes técnicas.
A nós tocounos as sombras. Creo que quedou bastante ben!



[edición: marca de auga]

domingo, 14 de abril de 2013

[44/52]


Desexando vivir nesa illa jajaja!


(sempre en boa compaña.)



[edición: endereitado, marca de auga (con novo formato!)]

domingo, 7 de abril de 2013

[43/52]



cousas miñas que ninguén entende.



(menos mal que existe a pascuilla!)


[edición: b&n, marca de auga]

luns, 1 de abril de 2013

playlist marzo'13

Matt & Kim - It's alright.
Mäbu - Nunca. (Como ben dio título, nunca a escoitara, pero a letra, e a "historia" que ten detrás, da que falou María no concerto, fixo que me enganchara a ela)
Zahara - Cartas entrelazadas.
The Lumineers - Hey oh.
Mumford and sons - I will wait.
(estes dous ultimos grupos foron outro gran descubrimento, ó igual que Of monsters and men sdkfjasdjkf *-* )

domingo, 31 de marzo de 2013

[42/52]

from my mouth,; a photo by dance with somebody on Flickr.

Outro paseo con Bombón o mércores.


[edición: marca de auga]


(os sábados de pascua sempre pasa algo. os domingos de pascua convértense en merdas. van dous anos xa)

domingo, 24 de marzo de 2013

[41/52]

infinity, a photo by dance with somebody on Flickr.
Fasía bo dia (despois de moitos chovendo) e apetesíame pasear, a Bombón tamén e a Lois ijual.
Foi pouco tempo, pero para despejar e sacar un par de fotos sirveu :)


Ainda así, este día debería estar dedicado a meus pais. Fan 23 anos de casados (que non son poucos!).
Non teño ningunha foto deles recente nin decente, algún día espero fotografialos. MOITOS PARABÉNS. SODES TODO.


[edición: b&n, escurecido, marca de auga]

domingo, 17 de marzo de 2013

[40/52]



Acabáronse os exames. (ainda teño mañá o último, ainda pasarei esta noite sen durmir, pero de tranquis)
Agora, PASCUA.

mércores, 13 de marzo de 2013

Nevoume!

O de erguerse e ver todos os tellados brancos foi maravilloso.
E si, señores, a primeira vez en 19 anos que vexo nevar. Triste pero certo.
Pero a ilusión non ma quitou ninguén.


domingo, 10 de marzo de 2013

[39/52]



Catoira, onte á noite.
Fasía frío.



[edición: escurecido e marca de auga]

sábado, 9 de marzo de 2013

Mäbu na Sónar, Santiago.

Teño que admitir que non me gustou o resultado final. Había pouca luz (un foco soamente).
Quédome cas tres últimas :'D

Crítica musical: Mäbu (I)

Concerto do día 02-03-12 na sala Sónar, Santiago de Compostela.



Intimidade.
Así é como se pode resumir o concerto que deron na sala Sónar o sábado pasado.

En directo non defraudaron, para nada. Tocaron temas do novo disco "Detrás de las luces" e tamén de "Buenos días" (soamente botei en falta Hazme el amor, unha das miñas favoritas).
Volvo a repetir unha vez máis, como xa o fixera cando "critiquei" (sempre positivamente) o concerto de Eladio y Los Seres Queridos na Capitol, a cantidade de "fans" ou persoas que asisten ós concertos non marca a calidade das bandas. Todo o contrario.
No caso de Mäbu, creo que a súa calidade, a parte das letras (máis adiante falarei) e da música pegadiza, o que os fai diferentes é a cercanía. Cando rematou o concerto, eles mesmos abriron unha maleta (en concreto Txarlie) e puxéronse a vender discos, camisetas e demais merchandising. Todos deberían ser así. Todos son así ó principio. Persoalmente, creo, que todos os grupos e cantantes pasan por esta etapa, ata que unha (enorme) discografía os compra e comezan a facer todo por eles (vender discos, redes sociais...), os compoñentes deixan de "facerlles (tanto) caso" ós fans.
O sábado estiven falando con Mäbu (con María e Txarlie, mentres César recollía a batería jaja) e teño que admitir que tamén me gustaría falar con Vetusta, Eladio, Love of Lesbian e claro, tamén cos internacionais (pero aqui falla o idioma xa..). Unha vez máis bótome a culpa, non a min mesma, se non a todos os fans de todos os artistas. Somos nós os que lle damos o éxito, pero á vez, somos os que fastidiamos a súa relación con nós mesmos. É un círculo vicioso.
Unha vez máis experimentei o fénomeno "non sei quen son eses do concierto ó que vas", dame igual, non penso discutir máis, se a min me gustan e vou ó concerto, ben; ó resto non debería importarlles; pero á xente é así.

Coñecín a Mäbu por casualidade, un sábado pola mañá de hai dous anos mentres vía a MTV. Cadrou que lle estaban facendo unha entrevista. Escoiteina e escoitei a súa músca e aí comezou todo. Escoitávaos cada vez máis e máis e non podía deixar de facelo.
Cando me enterei que sacaban novo disco e que na xira de presentación ian pasar por Santiago non o puiden crer. Corrín a comprar o disco e en canto puiden, tamén a entrada para o concerto. O disco é maravilloso e namoreime automáticamente de Caimán, Paralelo e Jaque Mate (que por suposto non faltaron o sábado!)

Mäbu son maravillosos en directo (non me esperaba menos, xa que a voz de María é fermosa) pero poder falar con eles, e da maneira que o fixeron, con toda a confianza do mundo, como se me coñecesen de toda a vida, foi fantástico.
A súa música envolveche nunha atmósfera de boas vibracións. Falo totalmente enserio...as letras son perfectas, adecuadas a calquera estado de ánimo. Por exemplo, eu non escoitara a canción Nunca, e gustoume moito, a letra e tamén o que María dixo dela: "Alguna vez os habeis emborrachado tanto, tanto, tanto que acabasteis con la persona equivocada? Pues esta canción habla de eso" Que razón ten madre mia! Anímovos a escoitala.

Falando un pouco do novo disco teño que admitir que me gustou, seguindo a súa doce e cálida línea.
Outros grupos que sacaron novo álbum recentemente defraudaronme un pouco (algúns moito), porque cambiaron lixeiramente (ou totalmente) o seu estilo e tamén a súa calidade (falo por exemplo de Muse, que non fun quen de escoitar máis de dúas cancións do novo disco, non as soportaba; e menos pensando na calidade de discos como "Absolution", "Black holes and revelations" e "The Resistance"). Non quero con isto xeralizar, pero si e certo que chega un momento que a música cambia. As circunstancias persoais de cada un de nós cambian tamén e iso influe nas letras e na música que se compón. Pero esta non é a situación de Mäbu (polo menos por agora).

domingo, 3 de marzo de 2013

venres, 1 de marzo de 2013

playlist febreiro'13

Mäbu - Jaque Mate. (Xa teño o disssssssco, e mañá vereinos por primeira vez en direeeeeeecto *_____* )
Miss Caffeina - Hielo T.
Of monsters and men - Sloom.
The black keys - Lonely boy.
Coldplay - Us against the world. (unha maravilla)
Ruxe Ruxe - Adiante.



adiante, adiante sempre adiante.

domingo, 24 de febreiro de 2013

[37/52]




Pois elexin esta. Recórdame a unha que sacara coa analóxica (que por certo, teño un pouco abandonada...a ver se nas vacacións de semana santa a saco un pouco a pasear...) e salvoume a vida esta semana...
A ver se no fin de semana (pese a que hai que estudiar) podo sacar unhas fotos xeitosas. En parte poque o sábado irei ó concerto de Mäbu! (Ou eso espero, que ainda non comprei a entrada :S )


Saúdos! :D

[edición: marca de auga]

domingo, 17 de febreiro de 2013

[36/52]


O venres, ás oito e cuarto da mañá.
Como boto en falta esas sorpresas polas mañás!



[edición: soamente a marca de auga.]

domingo, 10 de febreiro de 2013

[35/52]


A vida cambia,
e cambiará.


Con moitas cousas na cabeza (e con ganas de escribir).
Pese a que está desenfocada...gústame.
Que sexades feliiiiiiiiiiiiiiices! :)



[edición: soamente a marca de auga]

domingo, 3 de febreiro de 2013

[34/52]


Despois da tormenta sempre chega a calma.
Esta semana descríbese con esa frase.



(Outra na miña galería de Flickr.)



[edición: endereitado, oscurecido, intensificado (todo moi suave)]

venres, 1 de febreiro de 2013

domingo, 27 de xaneiro de 2013

[33/52]


Non hai máis que dicir que: GRACIAS.
(faltan Carla, as Saras e Marivi)

Juapos!



[edición: b&n]

domingo, 20 de xaneiro de 2013

[32/52]


Parabéns unha ves máis Pableras!

Un mes cargado de cumpreanos.
E o mellor e que aínda falta o meu por celebrar! :)



[edición: without]

domingo, 13 de xaneiro de 2013

[31/52]





Levo toda a semana cos dedos así. E como me doen.
Non sei se é o frío, nervios ou o que.
E xa son un ano máis vella.



[edición: without]

Que sexades felices! :)

mércores, 9 de xaneiro de 2013

un año más, un año menos.

(hoxe
vou ser eu,
deixemos a un lado
o galego normativo, por favor,
se non, faiseme máis dificil...)

luns, 7 de xaneiro de 2013

domingo, 6 de xaneiro de 2013

[30/52]


O inverno apodérase de nós.


[edición: without]

Feliz día de Reis :)

martes, 1 de xaneiro de 2013

playlist decembro

Audioslave - I'm the highway.
Miss Caffeina - Disfraces. (Con unhas ganas inmensas de escoitar o disco enteiro!)
Of monsters and men - Little talks. (Un gran descubrimento! Moito tempo escoitando a canción por aí e sen saber de quen era. Encantáronme)
Bruno Mars - Locked out of heaven. (A letra é flipante eifjsbgdjierg *-*)
Two door cinema club - What you know.