"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

luns, 31 de decembro de 2012

feliz 2013

Familia.
Praia.
Tonterías.
Risas.
Moitas risas.
Concertos.
Festas.
Festasas.
Amigos.
Bágoas.
Enfados.
Compras.
Viaxes.
Paseos.
Conducir.

Foi un ano diferente. Cargado de moitas e diferentes experiencias.
Os que sempre estiveron ahi, non fallaron; outros, esfumáronse.
Momentos para rir, momentos para chorar, momentos para estar ahí coas persoas que o merecen.

Foi un ano raro, quizais non tan tan tan tan aesrkjgakewrjg coma o 2011, pero non hai queixa.
Houbo de todo, e non me arrepinto de nada.

Estas son algunhas das fotos que "quedaron no tinteiro" este ano 2012. É dicir, que non sairon á luz



Eladio y Los Seres Queridos + Blows na Capitol

As poucas fotos do concerto que puiden rescatar do formateo do portátil e do mal tranpaso de arquivos pola miña parte. E dame rabia. Sairan perfectas...
Unha para saber e outra para aprender.

 BLOWS.


domingo, 30 de decembro de 2012

[29/52]



É o seu primeiro nadal, e o primeiro con nós.
Despois de escaparnos e darnos un gran susto (grazas ós que o atoparon por poñer carteis!), agora non imos deixar que marche nunca máis.

Bombón desexavos un feliz ano a todos! :)

[edición: endereitada]

domingo, 23 de decembro de 2012

[28/52]

o Paraíso existe., a photo by dance with somebody on Flickr.

Tiña ganas dunha foto así.
Gústame o resultado, ainda que foi un pouco "ás présas", no último momento, saíndo da casa de Xiana.
Comezando as celebracións navideñas con bo pe (CO BLOG Ó DÍA *_* ) con ganas dun novo ano...
Non quero dicir que este fora malo (que non) pero, foi diferente, e non logrou superar nó 2011 (pero aínda está a tempo).

Teño varias fotos "de nadal", e outras en mente, cando estean listas, aquí as veredes!

Con plans para o ano novo, seguirei informando! :)
Bo Nadal e próspero aninovo!
A disfrutar!


[edición: soamente a marca de auga]

domingo, 16 de decembro de 2012

[27/52]


Chove sobre mollado. E tanto. Pero non solo chove, tamén venta. Ou unha cousa ou a outra, pero todo xunto non, que fixemos para merecer esto eh? O venres cheguei mollada á clase e co paraugas roto. O MEU QUERIDO PARAUGAS :(
Tereille que pedir un novo ós Reis Magos jaja
Unha semana (máis) pasada por auga. Prefiro o frío, repito. Gracias.

Moitos bicos! :)



[edición: without]

domingo, 9 de decembro de 2012

[26/52]


O xoves 6, día da Concepción, ó non ter clase, meu pai decidiu ir visitar a Cidade da Cultura. Coincidiunos coa exposición de "Gallaecia petrea" e "Códices".
Era a segunda vez que a visitaba, esta vezx con algún coñecemento de "arte" e "arquitectura", e podo dicir que me chama á atención as liñas, tanto podes observar unha parece vertical que parece tocar o ceo, pero ós dous metros xa descende. A verticalidade e asensación de "infinito" é o que máis se pode ver nestes edificios, tanto no exterior, como no interios (como se observa nas fotos que vos ensino)
Ainda así, como repetiu miña nai ese día un millón de veces: "Cantos cartos tirados".

domingo, 2 de decembro de 2012

[25/52]


Comezamos a estudiar!  A ver o que sae!
Tres semanas, non máis. Bastante menos agobio que o ano pasado.

Un saúdo.


[edición: without]

sábado, 1 de decembro de 2012

playlist novembro

Love of Lesbian - Algunas plantas. (vicieime totalmente! E o que ten escoitar o cd sempre que conduzo *-*)
Ed Sheeran - Give me love.
Heredeiros da Crus - Non quero nada de ti.
Artic Monkeys - Mardy Bum.
Mäbu - De negro y amarillo. (Quero escoitar o resto do disco xaa!)
Eladio y los Seres Queridos - Al Himalaya.
Depedro - Diciembre.



En realidade é día 27 de decembro...faltan as fotos das semanas 25, 26, 27 e 28 e as do concerto de Eladio. Estas últimas non teñen remedio...mandaronme o pc a arrombar e formateáronmo...máis disgusto do que teño agora mesmo por esto non o ten ninguén, ainda así, farei unha MOI MOI resumida entrada cunhas 5 ou 6 fotos que dei salvado.
Antes de fin de ano intentarei solucionar o problema do almacenamento e subir as semanas atrasadas...prometido!
Un saúdo!