"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

martes, 27 de novembro de 2012

Crítica musical: Eladio y Los Seres Queridos (I)

Concerto do día 24-11-12 na Sala Capitol, Santiago de Compostela.


Qué tranquilidade e que enerxía á vez.
Pouca xente, pero a suficiente. A mellor compañía posible.

Nunca escoitara ós Blows e foron os teloneiros perfectos. Gustoume moito a súa música distorsionada e as súas letras. Recordaronme a un grupo que tocaba por aquí hai uns tres anos, e eu non faltaba a ningún dos seus concertos, pero bueno, esa é outra historia.

Unha vez máis Eladio e os seus seres queridos volveron a animar unha noite máis.
A primeira vez que os vin foi no PortAmérica, e apenas os coñecía (soamente dúas cancións El tiempo futuro e Non quero perdelo, as mellores quizais) pero disfrutei o mesmo. Ainda así, a tranquilidade respirouse en todos os concertos, ó igual que o sábado na Capitol.
Creo que son unha das poucas persoas do mundo que opina que a cantidade de xente que acude ós concertos non marca a calidade das bandas, sobre todo, porque ata as mellores bandas do mundo pasaron por salas pequenas e concertos reducidos, e espero que no caso de Eladio y Los Seres Queridos sexa así. Creo que hai moito potencial e poden chegar a ser os próximos Vetustos ou Lesbianos; de feito están en proceso. Con esto non os estou infravalorando, NIN MOITO MENOS, máis ben todo o contrario.
Como xa comentei na crítica a Vetusta en Amio, as bandas non coñecidas (para min) son as mellores, xa que non están baixo contrato dunha gran discográfica nin se ven obrigadas nin presionadas a escribir e compoñer un disco cada ano, pero sen embargo son as que teñen menos seguidores. Realmente, a miña opinión baséase no que lle ocorreu a outros grupos, e Guns and Roses é o mellor exemplo, o recoñecemento mundial causoulles tanto furor ós seus compoñentes que acabaron tendo conflitos internos, deixando a Axl Rose como único compoñente inicial da banda. Quero dicir con isto que ás veces é mellor que as bandas non se coñezan, ou que non se compromentan con unha gran discográfica para non perder a esencia inicial (ainda que tamén é bo que se reinventen e que de vez en cando cambien de aires, sempre sen defraudar ós seguidores, que ó fin e ó cabo somos os que mandamos). En fin, que acabo criticando a todo o mundo en lugar de crear críticas constructivas.

O ambiente na Capitol era estupendo. Era a primeira vez que ía alí e encantoume. É un espazo reducido pero o son é fantástico, nada que ver cos exteriores.

En resumen, unha vez máis volvémonos namorar coa preciosa voz de Eladio Santos e coa música dos seres queridos. Un set list fabuloso onde non faltou Miss Europa (que seconvertiu en todo un himno pese a que os seres queridos dixeron que nun principio a consideraban un pouco "ñoña" jaja, e que eramos nós quen facíamos que non fora así, nós fixemos desta canción todo un himno, como eles afirmaron), Pedimos perdón, Con el corazón en la mano nin Las madres están cansadas (que lla dedicaron ás súas nais e a todas as nais!).
O momento máis fermoso da noite chegou cos primeiros acordes de Non quero perdelo (sempre emotiva) e acto seguido El tiempo futuro.

O mesmo Eladio dixo que estaba emocionado de ver como a xente acudía a velos pese a non ser os teloneiros doutros artistas (como Vetusta Morla) e que enchen salas por eles sós e non polos outros. E así é como ten que ser. Na nosa man está.
Foi un bo concerto, intenso e tranquilo e sempre emotivo, sen perder a costume con estes seres queridos.


Ás veces a tranquilidade en concertos coma este, fai que me anime a loitar coa cámara en modo manual e conseguir unhas fotos fermosas :)

pd: (nos próximos concertos, intentarei facer os setlist, aínda que soe ser complicado jaja)

domingo, 25 de novembro de 2012

[24/52]





Tarde, moi tarde (sábado), tiven que estudiar e teño problemas varios co ordenador...
Neste momento non teño capacidade para subir máis fotos a blogger e non sei como vou facer...non quero acabar co blog :(
Espero poder solucionar esto canto antes, e se se retrasa e logro solucionar este problema subirei as fotos pertencentes a cada semana e as do concerto.

A foto saqueina o sábado 24 á saída do concerto de Eladio y Los Seres Queridos na Capitol, xa que fomos dar unha volta pola zona vella e namoreime, é fermosa.
Está en modo manual, xa que saía do concerto e olvideime de cambiar, pero quedou perfecta así.

Un saúdo (Espero volver canto antes coas fotos, pero mentres, seguirei cos playlist e quizais algunha reflexión. E no Flickr, por suposto!), a disfrutar ! :)



[edición: redimensionada para que collera e endereitada]

domingo, 18 de novembro de 2012

[23/52]



Comezamos a estudiar. Eu podo!
Sen présa pero sen pausa.


[edición: without]

sábado, 17 de novembro de 2012

Xoel López en Pontevedra

Concerto do venres 9 de novembro de 2012 no Pazo da Cultura, en Pontevedra.


venres, 16 de novembro de 2012

Crítica musical: Xoel López (I)

Concerto do día 09-11-12 no Pazo da Cultura, Pontevedra.


As butacas do auditotio do Pazo da Cultura de Pontevedra baleiráronse para entregarlle un enorme aplauso a este magnífico artista. Todo o auditorio (cheo ata a bandeira por certo) en pe. El mesmo nos animou a levantarnos para que cantáramos a coro con el e ó son da súa banda. Eu rebulía no asento, non aguantaba máis, era incapaz de estar tanto tempo sentada con esta música soando. E en pe estivemos ata que rematou. Ninguén quería que se fose. Volveron soar os típicos cantos de "Xoel, Xoel, Xoel" tan acostumada a escoitalos xa, que ás veces, estando na casa, e sen decatarme ata os canto.

Nunca vira un concerto en "formato auditorio". Pero a acústica é perfecta, o son é espectacular, e soamente saquei unha conclusión: todos os concertos deberían ser así. Nin a tipica persoa alta diante de ti, que che incordia todo o concerto e non che deixa ver; nin as grupis berrando cada unha das palabras das cancións a grito pelado, nin nada que se interpoña. Soamente os sentidos enchufados. A música de Xoel fai sentir. As letras son profundas, poesía en estado puro.
Gocei dunha fantástica cuarta fila (ainda que con un moño diante fastidiandome as fotos jaja) e estiven a un metro de distancia cando se levantou todo o mundo e nos acercamos ainda máis ó escenario para cantar nos bises esta mesma canción (A un metro de distancia) e El hombre de ninguna parte que foron as dúas últimas.
Un detalle moi bonito dunhas rapazas do público foi regalarlles un ramo de claveles vermellos, e Xoel púxose a repartilos entre os membros da banda. E polo que lin en twitter, foi algo que lles gustou moito (e a quen non!).

A única intervención da noite foi a de Félix Arias, a outra metade que xunto Xoel López forman Lovely Luna, un dúo de música folk formado en 1997. As súas voces e as súas guitarras eran suficientes.
Tamén soaron cancións de Deluxe, o antigo nome artístico de Xoel; tanto do disco "Fin de un viaje infinito" como de "Reconstrucción".
Faría unha enorme lista coas cancións que máis me gustan, pero non sabería elexir, poñería todas; todas teñen algo que as fai especiais. Ainda así, escoitar os primeiros acordes de Gigante foi un subidón de adrenalina: "será mejor tener cuidado, será mejor tendré cuidado".
Todas elas transmiten algo, todas elas teñen algo significativo...
- "Encontrarás algo mejor, encontraré algo mejor".
- "El amor no es lo que piensas".
- "Morir es aprender a esperar y vivir, vivir es aprender a ver en la oscuridad".
- "Y no me da la gana de pensar que nada es para siempre".
- "Bésame en la noche más oscura y acaríciame con tus versos tristes".
- "Pero como puede haber alguién tan ciego para dejar escapar un amor así".
- "¿Qué es lo que está pasando? Está pasando una vez más".
Todo me transmite. É alucinante.
E o novo disco é fermoso. O título xa o di todo "Atlántico". "O noso océano" como ben dixo Xoel.
As cancións son puro amor: El asaltante de estaciones, Caballero, La boca del volcán, Por el viejo barrio, Buenos Aires, Desafinando amor, Joven poeta...e xa non falar da enorme Tierra.
Durante o concerto Xoel comentou que sempre lle preguntaban porque non solía tocar Joven poeta. Eu realmente fágome a mesma pregunta, é unha das que máis me gustan. Pero unha vez máis repito que son incapaz de elexir unha sola.

Admitirei que coñecín a Xoel López por casualidade, no Vigo Transforma do 2011. Eu iba expresamente por Vetusta Morla, pero Xoel López foi un dos artistas que máis me chamaron a atención xunto con Catpeople e Los Campesinos!. Ós outros non tiven ocasión de volver a velos (a Vetusta si! jeje) pero tres concertos despois, Xoel realmente, non defrauda. A súa música, ó contrario que a de moitos artistas internacionais, soa mellor en directo que no disco, e eso é algo de agradecer neste momento no que se manipulan todas as gravacións e que o producto final non ten nada que ver nin coa música nin coa voz dos artistas. Realmente, non podo queixarme; nunca fora a ningún concerto, o primeiro foi ese Vigo Transforma, e todas as bandas que tiven oportunidade de ver e escoitar son moito mellores en directo. MOITO MELLORES.

E unha vez máis, enfádome e teño que volver berrar, esbarafundar, soamente. Non por nada, se non pola xente. A xente critica sen saber.
- ¿De quién es el concierto?
- De Xoel López.
- Ni idea, ¿debe ser conocido en su casa a la hora de comer, no? jajaja
A min non me fai gracia. Ningunha. Se non coñeces, se non che gusta, RESPETA. É o mínimo que se pode facer. E con isto acabo, se non en lugar de falar da música de Xoel, falo da sociedade, e non é o que máis me apetece.

Xa para rematar, pídolle a Xoel e á súa banda que sigan así, que esto non foi máis que un comezo e que espero volver a gozar coa súa música dentro de moi moi pouco, á volta dese estadío polas Américas.
Dende este lado do Atlántico, estarei esperando.

domingo, 11 de novembro de 2012

[22/52]



Outra semana máis esperando para un venres perfecto. E un fin de semana mellor.
Con outro concerto máis en mente (probablemente o último deste ano). Con moitos plans na cabeza, e con moitas cousas que facer e levar a cabo.

Próximamente crítica (voume afeccionar a isto, creo) e as fotos do concerto.


Que sexades felices :)



[edición: without]

domingo, 4 de novembro de 2012

[21/52]


Quen dera que todas as semanas fosen así de curtas!
Foto do luns, mentres preparábamos a cea. Sen edición e en modo manual para capturar mellor a lúa (non acadei o efecto desexado)
Sen embargo, fotografei a lúa máis de preto (co obxetivo 55-200mm), e quedou bastante mellor: