"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 28 de outubro de 2012

[20/52]

paxariños *-*

Foto de onte ó medio día. Levanteime correndo da mesa para ir a pola cámara e inmortalizar os paxariños voando, pero non acadei o resultado desexado. Aínda así, gústame.

(Tarde mal, e arrastro.)


[edición: without]

venres, 26 de outubro de 2012

mércores, 24 de outubro de 2012

Vetusta Morla en Amio.

Fin da xira "Mapas" en Galicia. Último concerto en formato eléctrico da xira. Eladio y los Seres Queridos de teloneiros.

Pese a que as fotos son malísimas (fallo meu, que tiña a sensibiliade do obxetivo desactivada), puiden rescatar unhas cantas (das máis de 500 que saquei no concerto) e espero que sexan do voso agrado, e que aceptedes as miñas disculpas.

A disfrutar!


ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS.


domingo, 21 de outubro de 2012

[19/52]


Unha semana que pasou agardando pola mellor tarde-noite do outono.
Espero que noites así se sigan repetindo moooooooooooito tempo máis. E con máis compañía (Sary tequeremosssssssssssssssss).
Podedes ler unha "pequena" crítica sobre Vetusta Morla e a súa música nesta entrada.
Trátase dunha crítica para a xente que non coñece Vetusta Morla como debería.

A disfrutar!



[edición: without]

Crítica musical: Vetusta Morla (I)

Los días raros.
Boca en la tierra.
Cenas ajenas.
Copenhague.
Un día en el mundo.
Escudo humano.
Baldosas amarillas.
Maldita dulzura.
En el río.
Valiente.
Saharabbey Road.
Canción de vuelta.
Autocrítica.
Rey sol.
Mapas.
El hombre del saco.
Mi suerte.
Lo que te hace grande.
Sálvese quién pueda.
La cuadratura del círculo.

(setlist)



Concerto do día 19-10-12 en Amio, Santiago de Compostela.


Sen palabras.
É o único que podo dicir. Morte a todas aquelas persoas que din que Vetusta Morla é un grupo que non vale para nada, que a súa música é unha merda e morte tamén para os que din que non dan caña. Ríome. Na casa, escoitando o disco transmiten tranquilidade incluso coa canción máis cañera, pero en directo non teñen nada que ver. Parecen 20 persoas en lugar de 6. Que che fan saltar, vibrar de emoción coa máis lenta das súas cancións. Incluso chorar. Dano todo. Saltan e disfrutan tanto ou máis que os que estamos entre o público; batendo en bidons, saltando, tirando microfonos, monitores de son... Esto é o que os fai diferentes, e sobre todo, especiais. Porque non é doado conseguir que un recincho cheo de xente estea durante dúas horas saltando e gritando sen parar. Só eles o conseguen.

En cambio hai cousas que non me gustan dos seus concertos, cousas que vin en todos ós deles que fun. O peor e que non ten nada que ver con eles, nin coa súa música. O que non me gusta é a xente. O público. Pode resultar moi superficial, pero, dame a sensación de que estou nunha "Madrid/Santiago/Vigo/Nigrán fashion week" ou en calquera evento dedicado á moda. Na miña opinión, a un concerto vaise a pasalo ben pero soobre todo a disfrutar da música. Noncreo que sexa necesario ir tan arreglados como vai algunha xente. É unha simple opinión. Opinión persoal.

E aqui chegan os medos. Un dos medos que sinto eu persoalmente en relación a Vetusta Morla e que creo (e non quero) que a figura de Pucho se convirta en algo "intocable". Digo esto por certas intervencións tanto en medios (na televisión de Galicia, este sábado) como en outros concertos. En Nigrán, no festival PortAmérica participaron con Depedro, pero Pucho non; foi David, o batería (e non se cantou "Diciembre", cousa que me extrañou bastante...); incluso o mesmo venres, con Eladio y Los Seres Queridos, quen interviu foi Jorge González, o percusionista, tocando "Con el corazón el la mano". 
Para a miña opinión ningún deles é máis importante que os outros, é dicir, son 6 persoas e cada unha delas aporta o seu gran de area para que sexa posible o que fan. Pucho é a voz. É o que máis interven, o que máis exposto está ó publico; por dicilo de algunha maneira, é o punto final, a guinda do pastel, o nexo de unión de música, voz e sentimentos. é quen da a cara, quen "namora" coa súa voz. Sei que é algo inebitable, que pasou (John Lennon e os Beatles, Jim Morrison e os Doors, Freddie Mercury e Queen, Ian Curtis e Joy Division, Kurt Cobain e Nirvana, Mick Jagger e os Rolling...) e está pasando actualmente (Matt Bellamy e Muse, Tom Yorke e Radiohead, Chris Martin e Coldplay, Jared Leto e 30 second to Mars...).
Pero polo contrario, hai outras bandas nas que este liderado do vocalista non é tan notable, ou simplemente non existe, como por exemplo nos Red Hot Chili Peppers, e ata me atrevería a dicir que nos Ramones tampouco pasaba. É dicir, nótase unha unión, que todos son necesarios. Claramente en Vetusta Morla son todos necesarios, tanto polo aporte individual que dan cada un deles á súa música como o traballo en común, que é o que realmente chega a nós. Esta condición de lider que creo que Pucho está adquirundo somos os fans, pero sobre todo as "grupis". Chicas que van ó concerto a gritar "Pucho guapo / Pucho te queremos / Pucho cachondo" e demáis piropos. Vamos a ver, si, Pucho é guapo, canta ben, namoranos a todas. E? Son un grupo, non é un solista. Por favor, vaiamos a algo máis que a chamarlle guapo ó cantante, por favor, que para eso idevos a un concierto de Justin Bieber e derivados.
Ligadas a estas "grupis" están tamén a típica xente que vai ó concerto por non quedar na casa, e están pasmados, sen moverse, sen disfrutar, sen sentir... Ainda que poida que esa sexa a súa maneira de disfrutar, non sei.

Ainda así, outra cousa que me dá máis medo ainda é o tan rápido final da xira "Mapas", tendo en conta que o disco saiu o ano pasado. Quero referirme con isto, ó meu medo a que Vetusta Morla deixe de ser o grupo que ata agora coñecíamos, que cambie a súa música. Espero que sean cousas miñas e esto non pase, POR FAVOR.

Xa para rematar concluo dicindo que fun a catro concertos deles, e sigo con ganas de repetir. Non hai palabras para describilos.


En breves subirei aqui as fotos, mañán, ou pasado; sen moita présa.
Un saúdo. Que disfrutedes. (creo que me vou dedicar a facer críticas deste tipo...)

venres, 19 de outubro de 2012

fvnaedlkfvnaekfv

buuuuuaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
mimá
mimáaaaa
uffff

domingo, 14 de outubro de 2012

[18/52]

como chove miudiño

Unha semana pasada por auga. Escampounos para o xoves e para o fin de semana, e ainda menos mal. Esta semana máis e mellor (disque), pero por agora ainda non empezamos...a ver como acaba esto. Pero sigo dicindo, prefiro o outono e o inverno. Frío! (A chuvia non, claro)
En modo manual, experimentado coa exposición e a velocidade de obturación. E para variar, sen edición. A figura (pero sobre todo a sombra) do home co paraugas fascíname *-*

Saúdos! :)


[edición: without]

domingo, 7 de outubro de 2012

[17/52]

moving, a photo by dance with somebody on Flickr.

Había tempo xa que tiña ganas dunha foto así, e ata agora non tiven a oportunidade.
Esta vez tiven que editala un pouco para que acadara o resultado que eu desexaba.
Empeza outra semana máis.


Proximamente: Xoves11 / ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS & VETUSTA MORLA / XOEL LÓPEZ *-*


Un saúdo.


[edición: oscurecido]

sábado, 6 de outubro de 2012

Festivalo 2012

Venres 28 de setembro.
Unha noite agradable ó lado das mellores persoas. E da música axeitada.


SECHO Y LOS INVISIBLES.


luns, 1 de outubro de 2012

playlist setembro

Lykke Li - Possibility.
Zahara - Mariposas.
The XX - Angels.
Love of Lesbian & Zahara - Lucha de gigantes.
Secho y los Invisibles - Uña e carne.
Medomedá - Un polvo botábao.


Concerto de Medomedá e Secho y los Invisibles (cada vez máis invisibles) o venres pasado no Festivalo en Manselle. Resistencia e aleghría !
(proximamente: Entrada coas fotos do festivalo)