"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 30 de setembro de 2012

[16/52]


Dúas semanas de "vida nova". Non hai queixa. A gusto con todo e con todos.
Foto sen editar (vivo sen ningún programa de edición decente no novo pc, menos mal que Martín vai trapichear con algún! Graciaaaaaaaaaaaaaaaas!).
O ceo santiagués estivo moi fotoxénico estos días, non puiden evitalo jaja

Vivo con ganas de novas experiencias. Con ganas de mimos, estou moi cariñosiña.
(Debe ser o outono)

Un saúdo!


[edición: without]

domingo, 23 de setembro de 2012

[15/52]


Non hai máis que dicir que: BENVIDO SEXAS OUTONO!
Xa tiña ganas de chuvia, frio e vento. E incluso de comezar as clases, si, pode que estea tola.
Sacada hai uns vinte minuos.

Que disfrutedes do outono, eu fareino :)



[edición: without]

luns, 17 de setembro de 2012

Feirón Mariñeiro, Rianxo.

O xoves fun ata Rianxo con Laura, meu irmán e miña nai a dar un paseo polo Feirón Mariñeiro que celebran todos os anos durante as festas da Guadalupe. Este ano estaba ambientada no ano 1912.

Ali encontrámonos con jaiteiros, artesáns, algúns coñecidos e numerosas actividades na rúa.



domingo, 16 de setembro de 2012

martes, 11 de setembro de 2012

domingo, 9 de setembro de 2012

[13/52]


Ten gracia porque volvo a facer a entrada con retraso (hoxe, martes :\).
O luns, meus pais leváronnos ata a praia fluvial de Vilarello, que queda xusto enfrente da miña casa, pero do outro lado do río. Saliron unhas fotos fermosas (unha pequena mostra na seguinte entrada) e aprobeitando que estaba cas rapazolas retrateinas e elas tamén.
María estaba intentando tocar os muxos, saqueille esta foto sen que se dera conta. Cando estaba editando (esta vez si! pero só o b&n) deime conta que esta foto era igual a unha que vira eu ó principio da miña andanza por flickr (ESTA FOTO) e que engadira a favoritas, cambiando obviamente a edición que a outra e mooooooooooooooito mellor que a miña, que é un simple b&n; pero creo que xa expliquei máis de unha vez que me gustan as fotos simples e levemente editadas.

Despois do luns non volvin tocar a cámara. O martes foi de descanso e o mércores fun a exame de conducir. APROBEI. Son unha novel, que contenta estou :D

E así foron pasando os días...e sen darme conta a entrada volve tarde outra vez, sintoo. Prometo ser máis "puntual" a próxima vez.

Un saúdo. A disfrutar :)



[edición: b&n]

domingo, 2 de setembro de 2012

[12/52]


O domingo antes de marchar para a festa a lua e o río volvéronse aliñar.
Levo 15 anos vivindo aqui, e cada día sorprendome máis. Creo que vou acabar cansando con estas fotos, pero e que a min encántanme *-*
Foron unhas festas extrañas, non igual de alucinantes que as do ano pasado, pero coa mellor compañía sempre acaba sendo todo perfecto :)


Un saúdo!

(Sei que esto chega tarde, perdoade, foi un fin de semana mooooi atarefado!)



[edición: endereitado]

sábado, 1 de setembro de 2012