"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 26 de agosto de 2012

[11/52]


Hai un punto nesta foto na que non se distingue onde remata o río e comeza a néboa, iso faina máxica; gústame moito. Sen edición.
Unha semana pasada por auga, parece mentira que esteamos en agosto! :\
Toca máis festa...e o próximo finde IMO.
AS FESTAS DE IMO. Que ganas! :3

Que sexades felices.



[edición: without]

domingo, 19 de agosto de 2012

[10/52]


Sorprendentemente, esta semana non collin a cámara na man. Bueno si, onte, pero nada decente, fotos cos amigos solamente.

domingo, 12 de agosto de 2012

[9/52]

Praia das Cunchas, Rianxo.

Nunca fora tanto á praia a Rianxo coma este ano, grazas ós nosos chófers Martín e Pablo (gracias!).
Esta semana estivo cargada de plaia e sempre coa mellor compaña ;)
Onte festa con eles e esta noite toca Pontevedra ou casiña a durmir!
En contra dos meus pronósticos, este verán está sendo magnífico, a punto de superar o do ano pasado!

Un saúdo, que sexades felices.



[edición: without]

domingo, 5 de agosto de 2012

[8/52]


Esta semana a lúa deixouse ver dunha maneira especial por Imo. Estaba preto, e moi fermosa. Non puiden resistirme.
Gústame o reflexo da lúa no río *-*

Un saúdo. Que sexades felices ;)



[edición: without]

xoves, 2 de agosto de 2012

playlist xullo

Xoel López- El hombre de ninguna parte.
Eladio y los seres queridos - Non quero perdelo.
Love of Lesbian -  Club de fans de John Boy.
Ivan Ferreiro - Farenheit 451.
Vetusta Morla - Autocrítica (teño que admitir que me sorprenderon moitísimo cantando esta canción no concerto, non ma esperaba !)
Corizonas - Wish you were here (Pink Floyd cover).


Hoxe (ou mañá, todo depende do tempo que dispoña) esto cambiará de imaxe. Farei algun que outro cambio, posto que creei outro blog. Este será unicamente para a fotografía e os playlist e o novo será expresamente para a poesía. Certo é que neste blog hai moitas entradas con poemas, pero non vou andar dun lado para outro con esto, ainda que sería o máis axeitado.
 Fago todo isto grazas ós consellos de meu pai, que disque teño que facer que a xente me coñeza...crearei tamén unha páxina en facebook (pero eso máis adiante).
Un saúdo!

mércores, 1 de agosto de 2012

PortAmérica 2012, Nigrán

Dúas semanas despois, aqui están as fotos dos concertos ! (por fiiiiiiiin!)

- DÍA 1.
XOEL LÓPEZ.