"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

domingo, 24 de xuño de 2012

[2/52]

Praia de Tanxil, Rianxo.

Esta semana porfin chegou o bo tempo, e esperemos que tarde en marchar. Fun á praia cos amigos e saquei varias fotos decentes. Elexín esta por petición de Laura, que a sacou ela (gracias!).


Un saúdo, e que sexades felices.



[edición: without]

domingo, 17 de xuño de 2012

[1/52]

tengo todo el viento apuntando a mi favor, a photo by dance with somebody on Flickr.

Comezo co tempo xusto!
Esta semana foi mooooooooooooooi extresante entre autoescola, ir e vir a Pontevedra...apenas tiven tempo de coller a cámara na man. Excepto hoxe. Un paseo do máis agradable cos amigotes por Padrón tivo como resultado algunhas fotos decentes. Elexin esta simplemente porque me pareceu a máis adecuada para comezar co proxecto. As fotos do Ulla van ser moi frecuentes aquí, sobre todo cando non teña tempo nin para salir da casa.
Non ten ningún tipo de edición esta foto, gustabame así, "tal cual".
O máis destacado, serían os reflexos tanto de árbores coma de nubes no río, que persoalmente, encántanme; e tamén a posible división vertical que se pode facer da imaxe, correspondendolle á parte esquerda unha zona máis escura e á dereita unha zona cargada de luz e co ceo azul.

Ainda que un pouco tarde, dou por comezado o proxecto.
Un saúdo, que sexades felices! :)



[edición: without]

domingo, 10 de xuño de 2012

52 weeks project

POR FIN REMATOU TODO!
Estou libre xa!
Volvo. Volvo con ganas.
Con ganas de verán. E con un millón de proxectos en mente.

Entre todos estes proxectos, o que máis me ilusiona é a intención de comezar un proxeco 52 semanas, e espero ser quen de rematalo. Intentarei dedicar os domingos a este proxecto, no que se refire a descargar as fotos no pc, editalas (as que o necesiten), elexir a destacada da semana e cargala aqui. Contarei tamén unha "breve historia" relacionada coa foto e o momento e o lugar na que foi sacada.
Enserio, teño moitas ganas de todo. O próximo domingo publicarei a primeira foto do proxecto!

E por suposto seguirei tamén cos playlist e cos poemas (que están algo esquecidos últimamente, pero tranquilos, sigo creando, experimentando. Antiadas).Tamén continuará a miña andanza por FLICKR, ata que remate o límite de fotos.

Un saúdo, que sexades felices! :)