"La noche sugiere, no enseña. La noche nos encuentra y nos sorprende por su extrañeza; ella libera en nosotros las fuerzas que, durante el día, son dominadas por la razón" Brassaï.
Mirada universal de alcance personal.

xoves, 23 de novembro de 2017

baleiro [37/52]

6 de novembro, 2017
14:11:34
Interior.
Burés, Rianxo.


"Non quero que te vaias
nin que te quedes
nin que me deixes soia
nin que me olvides"
(Leilía)


Pero chegou o fatídico día.
Ese día no que levaba moito tempo pensando pero non era consiciente de que fose pasar de verdade e tan de súpeto.
E chegou e tí e fócheste.
O día no que estiven na miña primeira rodaxe.
Un bo día que xa estaba rematando mal por que discutira co meu amor.
Unha noite que xa estaba mal, rematou peor.
Unha noite na que un simple whatsapp me desfixo por dentro.
Unha noite na que C e S apareceron na Coruña para recollerme, xa que a cidade me comía máis que nunca. Quería estar en Burés, cos meus. Con miña avoa.
Unha noite que non durmin.
Que vin mal ós meus. Fatal.
Unha noite na que me doeu o corazón coma nunca.
Unha noite na que chorei como agora, recordando e escribindo todo isto.
Unha longa noite de pedra.

Hoxe fai un ano de todo isto.
Hoxe quero pechar unha etapa que comezou coa realización deste proxecto, do meu proxecto final de fotografía e que llo adicaba a elas. Así nacía Aleitadoras.
A etapa que continuou coa idea do Making Off: Aleitadoras ó acordarme dunha foto de miña bisavoa mirándome. Quería mostrarlle ó mundo todo o vivido durante esa etapa de realización das fotografías.
Etapa que se comezou a pechar cando, un ano despois fun recoller as fotos orixinais de Aleitadoras ó Mestre Mateo.
Que se seguiu pechando ó tatuarme a fotografía introductoria de Aleitadoras, (as súas mans).
E que remata hoxe.
Hoxe fai un ano dese momento.
Hoxe pecho todas esas etapas, renovada, pensando en miña bisavoa máis e mellor que nunca.
Querendo a miña avoa máis e mellor que nunca.
Querendo a quen quero máis e mellor que nunca.
Valorando a quen teño máis e mellor que nunca.




As cousas cambiaron, (bis)avoa,
pasaron moitas cousas desde que te foches.
Eu pasei un curso moi duro, pero sei que foches ti quen me axudou a sacalo adiante por que era nunha das cousas nas que te empeñabas, en que estudiaramos, en que saíramos adiante e foramos fortes. Despois deste ano, sei que son forte (menos do que me gustaría, pero algo máis que fai un ano).
Quero que sepas que estou moi orgullosa do proxecto Aleitadoras, de todos eses "retratos" dos que eres, xunto ca abuela, protagonista. De poder pasar todo ese tempo con vós que seguramente que dende ben pequeniña que non o facía. De facervos esa homenaxe que tanto merecíades, xa que vos admiro tanto (aínda que non sepa demostralo). Esa homenaxe que ahora e sempre levarei na pel (que sei que se chegaras a ver, botarías as mans á cabeza e chamaríasme de todo), que é unha mostra do que sinto cara a vós, cara Aleitadoras e cara a fotografía.
Quero que sepas que imos estar ben, que "o tempo cura todo", pero que nunca che olvidaremos.
Estás sempre presente.



If you must die, sweetheart
die knowing your life
was my life's best part.
And if you must die,
remember your life.
(Keaton Henson - You)



Como ben vedes, Aleitadoras é un proxecto moi persoal. Unha das cousas que me animou a facer o Making Off foi o feito de que a xente coñecera a historia das mulleres máis importantes da miña vida, e tamén de seguir vendoas xuntas, aínda que só fose nas fotos.
Esta foto concretamente, non pertence a Aleitadoras. É actual, como se pode ver nos datos.
Móstranos como continúa todo, en concreto o seu sitio, a súa cadeira de sempre e na que se sentaba ultimamente por que a outra quedáballe moi baixa.
Continúa todo no seu sitio, pero baleiro, igual que nós.
Cada vez que me sento ó lado desa cadeira, vexo a súa man na miña perna, como sempre.
Cada vez que entro á cociña, inconscientemente xiro a cabeza buscándoa.
Sei que hai moito dela en min, herdado ou non, e unha desas cousas é unha das que máis feliz me fai ahora mesmo (e que máis me axudou neste proceso): o folcklore. Vela coa pandeiretaa na man e ver a súa cara cando lle cantaba son cousas que xamáis esquecerei.



baleiro
substantivo masculino
11. Sufrimento que provoca a falta de algo ou lguén.
O baleiro que deixou no equipo tardou en superarse.
(Diccionario da Real Academia Galega)






© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

sábado, 18 de novembro de 2017

o principio do fin [36/52]

13 de abril, 2016
13:35:46
Interior.
Burés, Rianxo.


Comeza o principio do fin.
Foiseme das mans e as 52 fotos quedaronme grandes.
E por iso decidín pechar esta serie, por que se achegan datas sinaladas e considero que é o mellor momento.
Esta é a primeira das dúas fotos que van a rematar o Making Off Aleitadoras, que van pechar esta etapa.

Esta é a imaxe que deixou ela, a imaxe que teño eu desa cociña, tan baleira agora.


© Antía Vicente, 2017.
"dance with somebody" - Flickr Gallery
"Antía Vicente - Fotografía" - Facebook page.

luns, 25 de setembro de 2017

por fin teño un PORFOLIO!

Levaba tempo con esta idea rondándome a cabeza.
Un resumo do meu traballo fotográfico físico, para podelo tocar.
E despois de revisar carpetas con fotos dende o 2011, AQUÍ ESTÁ!


luns, 11 de setembro de 2017

nos vamos a comer el mundo vol.2

26 de agosto, 2017
19:48:08
Exterior.
As Caldas, Taragoña, Rianxo.


Experimentando con ela e con Carla.
Segunda parte desta serie.


sábado, 9 de setembro de 2017

nos vamos a comer el mundo vol.1

26 de agosto, 2017
20:11:45
Exterior.
As Caldas, Taragoña, Rianxo.


Experimentando con ela e con Sara.
Haberá unha próxima entrega desta serie.


domingo, 3 de setembro de 2017

Imo, que bonito eres!

Coas nove fotografías deste proxecto, fago un retrato da miña aldea, a través de lugares relacionados coa miña infancia ou que me traen recordos da mesma.

Con estas imaxes, tamén quero facer unha descrición da aldea e da súa xente, dos seus elementos arquitectónicos e do seu día a día.

A unitaria, o "hórreo de Ana" onde tantas tardes temos pasando comendo pipas...son lugares emblematicos para min, que me traen recordos e que fan que queira á miña aldea e que presuma dela por todos lados ós que vou. Outrso lugares das fotografías, son emblemáticos por que considero que "medrei" vendoos ou vivindo experiencias neles.

Vivín no medio da aldea ata os tres anos. Este cambio márcao  a última foto, camiño que leva á miña residencia actual. Marca ese cambio, e como, dalgunha maneira deixei atrás todas as vivencias que tiven de pequena na aldea.